Lexislación

Avaliación de Incidencia Ambiental.D133/2008.(Sustitue ó RAMINP derogado pola Lei 34/07de Calidade do aire e prot. da atmósf)

 

 

A Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera, veu derrogar o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas    e perigosas (RAMINP), aprobado polo Decreto 2414/1961, do 30 de novembro, permitindo que o citado Regulamento manteña a súa vixencia naquelas comunidades autónomas que non teñan normativa aprobada na materia, en tanto non se dite a dita normativa. Facendo uso da habilitación contida nos artigos 13 e 14 da Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, e no marco do ámbito competencial da Comunidade Autónoma de Galicia, este decreto D.133/2008 por unha parte regula o procedemento da avaliación de incidencia ambiental e por outra, aproba o nomenclátor das actividades sometidas a  este, desprazando para estes efectos o Decreto 2414/1961, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.

 

Normativa da vivenda.

 

 O Decreto 311/1992, do 12 de novembro, sobre

supresión da cédula de habitabilidade que revisaba o

anterior Decreto 240/1989, do 19 de outubro, sobre a

habitabilidade das vivendas tiña unha formulación

sobre a habitabilidade excesivamente clásica e limitada

a aspectos básicos da edificación de vivendas,

aspectos que non deben ser esquecidos na nova normativa,

( Decreto 262/2007 das Normas do Habitat Galego) pero

deberanse axustar á importancia real

que teñen.

NOVA NORMATIVA DE HABITABILIDADE

Decreto 29/2010 de 4 de marzo de 2010, publicado no DOG do 18 de marzo de 2010.

 

A Normativa de Habitabilidade establece os requisitos mínimos de funcionalidade que deben cumprir as vivendas para considerarse habitables, garantindo as axeitadas condicións funcionais que deben reunir as vivendas sen entrar en conflito co resto da normativa que deben cumprir os edificios destinados a uso residencial.

No novo texto legal axústanse lixeiramente os estándares dimensionais e de superficies mínimas que deben cumprir as distintas pezas das vivendas. Non existen grandes diferenzas coa normativa anterior, as máis significativas son as seguintes:

- Permítese a solución de apartamentos (lofts) dunha única estancia que a normativa anterior non permitía.

- Redúcense as dimensións mínimas exixibles do lavadoiro-tendal.

- Establécense tolerancias dimensionais que permitan asumir os imprevistos xurdidos no proceso construtivo.

- Elimínanse as rixideces na distribución das pezas que a anterior normativa establecía cando non redundan nunha clara mellora das condicións das vivendas.

- Adecúanse as exixencias dos espazos comúns de comunicación ás determinacións do Código Técnico da Edificación e suprímese a necesidade de inclusión de patios de iluminación para os distribuidores e escaleiras nos casos en que o CTE o permite e axústanse as condicións dos patios á ditas determinacións.

Pola contra, elimínanse desta normativa todas as exixencias que deben ser reguladas no planeamento urbanístico e non nunha norma de habitabilidade, como son as relativas á composición arquitectónica e regulamentación de voos, xa que non inciden na habitabilidade das vivendas e a súa regulación correspóndelle ao planeamento urbanístico.

Adxuntase dito decreto e un resumen cas principais diferenzas

Normativa estatal de Residuos

Residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE):Aparellos eléctricos e electrónicos, os seus materiais, compoñentes, consumibles e subconxuntos que os compoñen, procedentes tanto de fogares particulares como de usos profesionais, a partir do momento en que pasan a ser residuos

.

O R.D. 208/2005 clasifica os diferentes RAEE nas seguintes categorías

  • Categoría 1 - Grandes electrodomésticos
  • Categoría 2 - Pequenos electrodomésticos
  • Categoría 3 - Equipos de informática e telecomunicacións
  • Categoría 4 - Aparellos electrónicos de consumo
  • Categoría 5 - Aparellos de alumeado
  • Categoría 6 - Ferramentas eléctricas y electrónicas
  • Categoría 7 - Xoguetes y equipos deportivos o de tiempo libre
  • Categoría 8 - Aparellos médicos
  • Categoría 9 - Instrumentos de vixilancia e control
  • Categoría 10 - Máquinas expendedoras

O anexo I do R.D. 208/2005 aporta unha lista indicativa dos produtos incluídos nas diferentes categorías.

LEXISLACIÓN ESTATAL

 

http://www.ecoticias.com/naturaleza/18850/noticias-de-mar-oceanos-atun-rojo-ballenas-tiburones-rios-salmon-algas-glaciar-antartida-oceanos-cetaceos-medio-medio-ambiente-medioambiente-medioambiental-renovables

O MARM ( Minsterio de Medioambiente y Medio Rural y Marino) levará a cabo unha evaluación inicial do estado ambiental actual do impacto das actividades humanas no  medio marino de cada demarcación...

Normativa Estatal de RESIDUOS

Lei 22/2011, do 28 de xullo,de residuos y suelos contaminados

Quedan derrogadas todas aquelas disposicións que se opoñan, contradigan ou resulten incompatibles co disposto nesta Lei, e en particular:
  1. A Lei 10/1998, do 21 de abril, de Residuos.
  2. O capítulo VII sobre réxime sancionador e a disposición adicional quinta da Lei 11/1997, do 24 de abril, de Envases e Residuos de Envases. Os restantes preceptos, no que non se opoñan a esta Lei permanecen vixentes con rango regulamentario.
  As funcións realizadas pola Comisión mixta prevista na citada disposición adicional quinta serán asumidas pola Comisión de coordinación en materia de residuos.
  3. A Orde MAM/2192/2005, do 27 de xuño, pola que se regulan as bases para a concesión de subvencións para financiar o transporte á península, ou entre illas, dos residuos xerados nas Illes Balears, Canarias, Ceuta e Melilla.(Descargar o ficheiro adxunto)

 

Lei 10/98(no ficheiro adxunto),modificada por: Real decreto-Lei 4/2001 , de 16 de febreiro, sobre o réxime de intervención administrativa aplicable á valorización enerxética de fariñas de orixe animal procedentes da transformación de despoxos e cadáveres de animais. Engade a disposición adicional octava á Lei.
 Real Decreto 1481/2001, do 27 de decembro, polo que se regula a eliminación de residuos mediante depósito en vertedoiro
 Lei 24/2001 , de 27 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social. Introduce unha nova Disposición adicional, a novena: garantías financieiras das actividades de eliminación de residuos
 Lei 62/2003, de 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social
 LEI 34/2007, DE 15 DE NOVEMBRO, DE CALIDADE DO AIRE 

Normativa Galega de RESIDUOS

Lei 10/2008, do 3 de Novembro: De Residuos de Galicia

http://sirga.medioambiente.xunta.es/docs/normativa/Lei_10_2008_residuos_Galicia.pdf

DECRETO 460/97, DO 21 DE NOVEMBRO,  PARA A XESTIÓN DOS RESIDUOS

DOS ESTABLECEMENTOS SANITARIOS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.(descarga o o ficheiro adxunto)

Distribuir contido