Anos 80
Teatro no Instituto
Enviado por Anónimo o Mér, 01/02/2012 - 14:04Nos anos 80 fixéronse no instituto varias obras de teatro, algunhas de autor coñecido e a maioría escritas e dirixidas polos alumnos do centro.
Neses anos era costume, celebrar as festas no centro organizando festivais e representacións varias, con gran asistencia de público.
Juan Manuel Fernández Somoza alumno do centro e escribiu e dirixiu tres obras, “As variacións”, “¡Cuanto da que hacer no hacer nada” e “Carmiña”
No ano 1981 representaron no cine Mon “As variacións” para celebrar o día das letras galegas. Trataba esta obra das diferentes formas de chamar as cousas nas distintas zonas de Galicia.
Actuaban nesta obra, como autor director e intérprete (é o cura) Juan Manuel Fernández Somoza, José Manuel Fernández Eijo, Ángela Moñita, Marta Arias, Gonzalo Casas Quiroga, Lalo Díaz Lestao, Vicente Rodriguez Rivera e Rocío Rivera
No ano 1982, para celebrar a festividade de Santo Tomás de Aquino, representaron no cine Avenida “¡Cuanto da que hacer no hacer nada” . Actuaban nesta obra: Juan Manuel Fernández Somoza, José Manuel Fernández Eijo, Marta Arias, Gonzalo Casas Quiroga, Lalo Díaz Lestao, Mª del Mar Lázaro e Angel Carreiras.
Trataba esta obra dos apuros dos alumnos por roubar un exame para non ter que estudialo. Ao final o profesor cambia o exame e ¡tanto traballo para nada!
En 1983 representaron “Carmiña” no cine Avenida para recaudar cartos para a excursión de fin de curso. A obra tiña tres decorados diferentes e trataba duns paisanos que querían casar a filla para conseguir unha herdanza.
Os actores eran os mesmos de sempre pero neste caso incorporouse Miguel Piqueras, Lestegás e no papel de Carmiña Montserrat Cabarcos.
A representación foi un éxito e celebrouse cunha merenda.