Orientación

Contratos-programa 2015-16 Mellora da convivencia

Contratos-programa 2015-16:  Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros

O IES Monte Castelo participa durante o curso escolar 2015/16 dentro dos contratos-programa na actuación 3 de mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros.

 

 

 

 

 

 

PLAN DE MELLORA DA CONVIVENCIA

NO IES MONTE CASTELO 2016

 

FORMACIÓN PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA:

 

DATA

HORARIO

TÍTULO

IMPARTE

ADICADA A:

Martes 26- abril

19.30-21:00 hs

Novas tecnoloxías e acoso escolar

Ramón Peña

Técnico da Garda Civil, formador do Plan Director

Familias, profesorado e persoal non docente.

Xoves 5- maio

16:30-19:30 hs

Condutas disruptivas e xestión de aula

Berta Dolores López Álvarez

Prof. De inglés do IES Leiras Pulpeiro de Lugo

Profesorado

Xoves 12- maio

17:00-19:00hs

Sistemas de participación do alumnado; alumnado axudante; mediación e cibermentoría.

Javier García Barreiro

Director e Orientador do

IES Fin do Camiño de Fisterra

Profesorado

 

 

 

 

 

 

XIV Xornadas de Orientación Sociolaboral 2015

XIV Xornadas de Orientación Sociolaboral 2015

     

 

 

 

 Mércores 15 de abril de 2015- Presentación das xornadas

 

 Clausura das Xornadas

 

 

 

 

 

Plan Proxecta 2014-15: Clases sen fume

O centro segue participando un curso máis no Plan Proxecta co programa de Clases sen fume.

 

18/03/2015- O alumnado de 1º de ESO recibiu a unhas técnicas da Consellería de Sanidade de Lugo que no marco do proxecto interdisciplinar "Clases sen fume 2014-15" lles realizaron cooximetrías para comprobar os efectos do fume do tabaco nos seus pulmóns.

 
   

Charla "A Ponte entre o ensino medio e a USC"

Charla "A Ponte entre o ensino medio e a USC"

Venres 13 de febreiro ás 11:30- Alumnos de 2º de BAC recibiron unha charla informativa sobre o acceso á universidade que foi impartida por Francisco Rodríguez Lestegás, actual decano da Facultade de formación do profesorado de Lugo.

O Programa “ A Ponte entre o ensino medio e a USC “, é unha iniciativa da Universidade que ten como principal obxectivo facer de ponte entre os centros de ensinanza secundaria e a USC, a través da realización de charlas didácticas dirixidas o futuro estudante universitario, para orientalo na súa elección dos estudos, ofertados pola USC, que máis se adaptan ás súas prefrencias e prioridades académicas.

Esta actividade está organizada polo departamento de Orientación en colaboración coa USC.

 

 

 

 

Charla-conferencia de Antonio Rial

Charla-conferencia de Antonio Rial

O mércores 21 de xaneiro de 2015 ás 16:30 horas Antonio Rial, profesor da Facultade de psicoloxía da USC impartiu unha conferencia ó alumnado dos ciclos formativos do centro para informar, entre outros asuntos, sobre :
- certificados de profesionalidade
- Validación de módulos de ciclos superiores nos graos universitarios

Está organizada polo departamento de Orientación en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela. Vai dirixida a alumnado de ciclos formativos.

Contrato-programa 2014 de Mellora da convivencia nos centros

O IES Monte Castelo participa no curso 2014-2015 nos contratos-programa, concretamente na modalidade 3 de Mellora da convivencia nos centros e prevención do abandono temperán e do absentismo escolar.

 

3/03/2015- O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, asinou os contratos programa cos centros educativos da provincia de Lugo.

Máis información na web da consellería: http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/0705/mais-500-estudantes-provincia-lugo-beneficiaranse-iniciativa-contratos-programa

 

Ja construye tu carrera

Ja construye tu carrera

O mércores 29 de outubro alumnos de 4º de ESO asistirán a unha conferencia en Xove. Esta actividade está organizada por Junior Achievement, a Fundación Alcoa e o Departamento de Orientación.

Este programa promove a valiosa colaboración entre profesores e voluntarios de Alcoa con programas xuveniles, co obxectivo de acercar a alumnos de segundo ciclo de Secundaria e de Bacharerato a carreiras profesionais relacionadas coa Ciencia, a Tecnoloxía, a Enxeñería e as Matemáticas (STEM).

 

Programa:

 

Ver a noticia en Crónica 3: http://www.cronica3.com/2014/10/58-alumnos-de-distintos-centros-de-lugo-participaran-no-programa-construe-a-tua-carreira-da-fundacion-alcoa/

 

 

   

 

 

 

 

 

A escola, camiño de futuro

Exposición " A Escola, camiño de futuro "

A partir do luns 27 de outubro e ata o 8 de novembro, o corredor de entrada do centro amosará "A escola, camiño de futuro ", unha exposición organizada polo Fondo Galego de Cooperación para defender a aposta pola formación e a educación como a mellor forma de defender a pobreza e acceder a unha vida mellor.
A exposición ten como principal obxectivo achegar á comunidade educativa ( profesorado, alumnado e familias que visitan ó instituto ) á realidade das escolas de distintos paises e comunidades que precisan da cooperación internacional para mellorar o seu desenvolvemento.
O Concello de Burela colaborador do acto, encárgase do transporte e montaxe da exposición.

Esta actividade está organizada polo Departamento de Orientación.

Ver a noticia en Crónica 3: http://www.cronica3.com/2014/10/a-exposicion-a-escola-camino-do-futuro-chega-esta-semana-ao-ies-monte-castelo-de-burela/

 

 

 

 

 

 

Contrato-programa de apoio en horario lectivo

O IES Monte Castelo participa durante o curso 2013-2014 no contrato-programa de reforzo, orientación e apoio na modalidade 1 B de apoio en horario lectivo.

 

 

Xornadas de Orientación Sociolaboral 2014

Xornadas de Orientación Sociolaboral 2014

As décimo terceiras Xornadas de orientación sociolaboral levaranse a cabo do 24 de abril ao 20 de xuño de 2014. Están dirixidas ó alumnado dos ciclos formativos ofertados no centro. Esta actividade está organizado polo departamento de Orientación en colaboración co Hospital da Costa.

Curso básico de prevención de riscos laborais (50 horas)

 

 O xoves 24 de abril presentaronse as xornadas de orientación sociolaboral no IES Monte Castelo ás 12 da mañá e procedeuse a entrega da documentación.

 

 

 

Distribuir contido