A escola, camiño de futuro

Exposición " A Escola, camiño de futuro "

A partir do luns 27 de outubro e ata o 8 de novembro, o corredor de entrada do centro amosará "A escola, camiño de futuro ", unha exposición organizada polo Fondo Galego de Cooperación para defender a aposta pola formación e a educación como a mellor forma de defender a pobreza e acceder a unha vida mellor.
A exposición ten como principal obxectivo achegar á comunidade educativa ( profesorado, alumnado e familias que visitan ó instituto ) á realidade das escolas de distintos paises e comunidades que precisan da cooperación internacional para mellorar o seu desenvolvemento.
O Concello de Burela colaborador do acto, encárgase do transporte e montaxe da exposición.

Esta actividade está organizada polo Departamento de Orientación.

Ver a noticia en Crónica 3: http://www.cronica3.com/2014/10/a-exposicion-a-escola-camino-do-futuro-chega-esta-semana-ao-ies-monte-castelo-de-burela/