Saltar navegación

AS FERRAMENTAS

Aprende

As ferramentas son os obxectos que empregamos para traballar os materiais. Podemos clasificalas tendo en conta o material co que se usan ou a función que realizan.

Se escollemos este último criterio podemos agrupalas en ferramentas para trazar ou marcar; medir; cortar, serrar, desbastar, tradear, suxeitar, unir e conformar por golpeo.

Para trazar

Lapis: emprégase para marcar a madeira.

Rotulador permanente: para trazar sobre plásticos e tamén metal, xa que a marca que deixa o lapis sobre estes materiais é moi débil.

Compás de puntas ou bigoteira: ten o mesmo uso que un compás de debuxo, máis non dispón da punta de grafito, no seu lugar o acabado afiado marca a circunferencia mediante un suco no material.

Compás de puntas. Raquel Rendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0

Para medir

Regla metálica:  está fabricada en aceiro para evitar que se raie ao empregarse sobre os materiais. (!!! Isto explica porque non deben empregarse os instrumentos de debuxo técnico no taller: poden estropearse xa que están feitos con plástico).

Escuadro de carpinteiro: ademais de medir, permite comprobar ángulos de 90 e 45º, apoiando o tacón da regra ou o vértice do tacón no canto da peza.

Flexómetro: máis coñecido como metro, é o máis usado no traballo do taller.

Regra metálica. Raquel Rendo. Commons Wikimedia.CC BY-NC-SA 4.0 Escuadro carpinteiro. Raquel Rendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0 Flexómetro. RaquelRendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0

Para cortar

Cúter: emprégase coa serra de metal para facer cortes rectos e sempre con luvas para evitar accidentes. Cando a folla está gastada rómpese, coa axuda duns alicates, por unha das liñas premarcadas sobre ela.

Tesoiras electricista: chámanse así por ter o mango illado e pola marca gravada nas súas follas que permite retirar o macarrón do cable sen cortalo. Ademais de cortar papel, cartón, cables, etc... tamén podemos usala para cortar láminas moi delgadas de metais brandos, coma o aluminio.

Tesoiras de metal/chapa: son unhas tesoiras especiais para cortar láminas de metal non moi grosas; ao empregalas non debemos pechar as follas de todo para non moder o material.

Cúter. Raquel Rendo. Commons Wikimedia.CC BY-NC-SA 4.0 Tesoiras electricista. Raquel Rendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0 Tesoiras de metal. Raquel Rendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0

Para serrar

Serra de marquetería: tamén se chama segueta. Úsase con madeiras brandas, delgadas e para serrar pezas pequenas.

Serrón: pode empregarse con calquera tipo de madeira e incluso algúns tipos de plástico. Non é recomendable o seu uso para pezas pequenas ou madeiras moi delgadas.

Serra de arco ou metal: úsase para serrar láminas grosas ou tubos de metal. Tamén pode empregarse con plásticos.

Serra de marquetería. RaquelRendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0 SERRÓN. RaquelRendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0 Serra de arco. RaquelRendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0

Serra de punta: serve para facer cortes curvos e tamén cortes interiores na madeira.

Serra de cota ou costela: emprégase en traballos de precisión xunto coa caixa de bispeis. O reforzo na parte superior da folla impide que esta dobre porén, os cortes serán máis rectos.

Serra de calar: ferramenta eléctrica de follas intercambiables, para diferentes grosores e tipos de materiais. Debe empregarse con moita precaución, respectando as normas de seguridade e facendo uso dos equipos de protección individual: luvas, gafas e mascarilla.

Serrucho de punta. MdeVicente. Commons Wikimedia. CC0 1.0 Serra de costela e caixa bispeis. RaquelRendo. Commons WikimediaCC BY-NC-SA 4.0 Serra de calar. RaquelRendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0

Para desbastar

Segundo o dicionario da RAG, desbastar é rebaixar as partes ásperas ou irregulares dalgún material diminuíndo o seu grosor e tornándoa máis lisa. 

Limas: son empregadas para desgastar e afinar pezas de diferentes materiais como metal, plástico ou madeira. Poden ser de diferentes formas: media cana, plana, redonda, triangular ou cadrada. De cando en vez hai que limpalas, para o que se emprega un cepillo de dentes metálicos chamado carda.

Escofina: é un tipo especial de lima plana, de media cana ou redonda, de dentes grosos e triangulares coa que se obteñen rebaixes máis toscos.

Papel de lixa: úsase para retirar pequenos fragmentos de material das superficies e deixalas lisas co obxectivo de eliminar certas capas do material, preparar as superificies para vernizar ou pintar e, nalgúns casos, para conseguir o efecto contrario ao pulido e obter unha textura máis áspera, como nos preparativos do encolado.

Limas (diferentes formas). RaquelRendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0 Carda. RaquelRendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0 Escofina (dentes). RaquelRendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0

Lixadora: máquina eléctrica sobre a que se monta un papel de lixa coa forma do patín da mesma.

Cepillo de Carpinteiro: úsase para rebaixar e aplanar táboas de madeira mediante unha cuchilla que debe afiarse cada pouco. A cantidade de viruta que se desbasta con esta ferramenta, pode regularse sacando ou introducindo a cuchilla na ferramenta.

Formón: úsase para labrar ou dar forma á madeira. Consiste nunha folla de cantos biselados e cortantes que se golpea cun martelo.

Pxhere. CC0 1.0 Pxhere. CC0 1.0 Formón. MdeVicente. Commons Wikimedia. CC0 1.0

Para tradear

Barrena de man: é usada para facer buratos pequenos na madeira, que poden servir como guía para posteriormente enroscar parafusos.

Trade portátil: ferramenta eléctrica facer buratos empregando brocas, que poden ser de diferentes diámetros e diferentes tipos en función do material a tradear.

Trade de columna: a diferenza do trade portátil o trade de columna atópase fixo sobre unha mesa. Podemos usalo con brocas e coroas. Estas últimas permiten facer cortes circulares na madeira.

Barrena. RaquelRendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0 Taladro eléctricoMdeVicente. Commons Wikimedia. CC0 1.0  Trade columna. RaquelRendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0
 
Brocas. RaquelRendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0 Coroas. RaquelRendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0

Para suxeitar

Gato ou sarxento: emprégase para suxeitar na mesa pezas que van ser traballadas mediante outras ferramentas ou manter xuntas dúas ou máis que se van encolar.

Parafuso de banco: a súa colocación é fixa na mesa de traballo e permite suxeitar pezas mentres se traballan con outras ferramentas.

Alicates: permite suxeitar pequenas pezas, cortar ou modelar. Existen diferentes tipos: universal, de puntas planas, de corte, etc...

Sarxento. RaquelRendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0 Parafuso de banco. RaquelRendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0 Alicates (tipos). RaquelRendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0

Para unir

Chaves: utilízanse para apretar elementos mediante parafusos e/ou porcas. Existen chaves de diferentes tipos: fixa plana ou de tubo, Allen, pico de loro, inglesa (axustable) etc.. 

Fixa plana.RaquelRendo.Commons WikimediaCC BY-NC-SA 4.0 Allen.RaquelRendo.Commons WikimediaCC BY-NC-SA 4.0 Inglesa.RaquelRendo.Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0 Pico loro.RaquelRendo.Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0

Aparafusador: emprégase para apertar e desapertar parafusos. O tipo elíxese en función da forma da cabeza do parafuso: plano, estrela, hexagonal ou Allen, etc...

Pistola termofusionadora ou termoencoladora: é unha ferramenta eléctrica que se emprega con barras de pegamento termofusible ou termocola, pegamento de poliéster etc... Estas barras introdúcense na pistola, onde se derreten e son empuxadas a saír pola boquilla mediante un gatillo impulsado polo usuario.

Soldador de estaño: é unha ferramenta eléctrica empregada para soldar que funciona convertendo a enerxía eléctrica en calor e que, a súa vez, é empregado para fundir o estaño. Poden ter diferentes tipos de puntas, a de lapis emprégase para soldar cables e compoñentes eléctricos e electrónicos de pequeno tamaño.

Aparafusadores. (tipos) RaquelRendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0 Pistola termoencoladora. RaquelRendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0 Soldador estaño. RaquelRendo. Commons WikimediaCC BY-NC-SA 4.0

Para golpear (conformado por golpe)

Martelo de peña: permite facer todo tipo de traballos, pero o seu extremo afiado facilita golpear obxectos de tamaño pequeno.

Martelo de uñas: o seu extremo de dúas láminas con forma de cuña curvada e unha abertura entre elas, facilita extraer puntas que foron mal posicionadas.

Martelo de bola: é moi empregado nos talleres mecánicos (metal) xa que o seu extermo en forma de bola permite dar formas concavas.

Mazas: hainas de diferentes tipos; a que se amosa na imaxe, ten a cabeza de plástico polo que pode ser usada para golpear materiais brandos sen deixar marcas.