QUE IMOS APRENDER?
A estatística é, na actualidade, unha ferramenta moi útil no manexo do enorme volume de información que nos rodea. Son moitos os exemplos de procesos que levan asociados unha inxente cantidade de datos, que debemos ser quen de procesar e analizar para sacar conclusións e interpretar a realidade.
OBXECTIVOS
1. Comparar distribucións a través das medidas de posición e dispersión.
2. Interpretar diagramas de dispersión. Introducir o concepto de correlación.