Canto dura o voo?
As funcións permiten interpretar un proceso que involucra dúas variables ou magnitudes relacionadas e, a partir delas, predicir a evolución dun proceso e sacar conclusións. No caso dos voos das cápsulas estratosféricas MarumaSat, existen varios exemplos nos que o estudo de funcións pode ser de axuda para interpretar o que ocorre na atmosfera, por exemplo, na relación entre altitude e presión, na da temperatura e humidade ou na da presión e temperatura. Estes son exemplos onde o coñecemento das funcións nos proporciona unha visión global do que ocorre no fenómeno que queremos coñecer.
Á hora de planificar un voo estratosférico, existen moitos factores en xogo. Un dos momentos máis delicados é o inflado do globo. Se queremos que a cápsula suba e chegue a unha cota de altitude determinada, debemos ser moi coidasos coa cantidade de helio que introducimos no globo. Por outro lado, tamén é importante a duración do voo dado que non é convinte que esta sexa demasiado alta. A cuestión pasa entón por acadar cotas máximas de altitude sen que iso implique un tempo de voo excesivo.
Neste actividade propoñemos que apliquedes o concepto de función para controlar o tempo de voo até a altitude máxima en relación coa masa da cápsula. Parece lóxico pensar que para enviar unha cápsula até os 33000 m de altitude a masa da cápsula xoga un papel importante.
As variables en xogo son dúas: a masa da cápsula (en gramos) e o tempo que a cápsula tarda en acadar a altitude máxima (en minutos).