DIRECTORIO DE RECURSOS DO DEPARTAMENTO DE CIENCIAS SOCIAIS (Historia)

 WEBs:

      http://www.librosvivos.net/smtc/homeTC.asp?TemaClave=1007

Web da editorial Sm, unidade didáctica interactiva sobre os climas e paisaxes na que se inclúen conceptos e activiadades interactivas moi lúdicas para que o alumn@ complete.

      http://age.ieg.csic.es/recur_didacticos/index.htm

Web da Asociación de xeógrafos españoles, con recursos destinados inicialmente ao profesorado cun apartado de recursos web para a aprendizaxe da xeografía, fichas sobre as diferentes paisaxes e experiencias didácticas.

      http://www.cervantesvirtual.com/bib/seccion/historia/

Web da Sección de Historia da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, contén un catálogo dixital de autores e obras relacionadas con case todas as etapas da civilización. O menú de enlaces ofrécenos a posibilidade de ampliar coñecementos a través páxinas con información sobre o estudo da Historia (asociacións e fundacións, academias de historia, arquivos españoles e internacionais)

      http://www.portalquimera.net/

Web sobre documentales relacionados coa historia.

      http://juanjoromero.es/

Web con recursos para alumn@s e profes.

      http://www.claseshistoria.com/bilingue/1eso/earthplanet/eartplanet-index-esp.html

Web con infinidade der recursos para o alumnado da ESO e do Bacharelato. Son interesantes o enlace a diferentes diccionarios on-line.

      http://geacron.com/home-es/?lang=es&sid=GeaCron66487

Atlas histórico interactivo con cronoloxías dende o 3000 a.C.. Nel podemos engadir unha data e o atlas ofreceranos unha visión xeopolítica da situación en cada país, ademais poderemos obter información sobre un país ou rexión concreta, clicando sobre o nome.

      http://www.ibge.gov.br/paisesat/main.php

Atlas interactivo con información sobre: poboación, indicadores sociales, economía, medio ambiente e obxectivos do milenio.

      http://www.aularagon.org/files/espa/espad/sociales/bloque1/Unidad_02/index.html

Unidade didáctica sobre o medio natural do goberno de Aragón. Interesante os climogramas comentados. Enfocada para 1º e 3º da ESO.

      http://svs.gsfc.nasa.gov/vis/a000000/a003800/a003827/

Páxina da Nasa con distintas animacións sobre as correntes oceánicas e mariñas, os campos magnéticos solares, os eclipses… Recurso visual moi útil para conformar unha visión de conxunto sobre o tema a tratar.

      https://92f9e7be6484d407e55a143e88b6c707cbafb1de.googledrive.com/host/0B2GQktu-wcTicEI5VUZaYnM1emM/

Atlas-simulador sobre nacementos e defuncións en tempor real. Interesante recurso para traballar a poboación mundial e o crecemento vexetativo.

BLOGs:

      http://raulrv.blogspot.com.es/search/label/1%C2%BA%20ESO

Blog moi útil con UU.DD. e enlaces a outros recursos on-line para o estudo e repaso das CC.SS., Xeografía e Historia da Arte.