Cambio Climático no Prato

A Coordinadora de Convivencia programou para este xoves 28 de setembro unha actividade para o alumnado dos Equipos de Axuda do noso centro. Participaron nun obradoiro de cociña sostible con Alejandro Iglesias: "Cambio Climático no Prato". Unha actividade para comezar a tecer redes de traballo e coñecemento entre o alumnado voluntario. 

O proxecto ‘People & Planet: un destino común’ ten como obxectivo concienciar as mozas e mozos europeos sobre as graves consecuencias do cambio climático para que se convertan en axentes de transformación na procura dun mundo máis sustentable. A iniciativa, que botou a andar en novembro de 2020 e que se prolongará durante catro anos, busca tamén reforzar aos gobernos municipais na promoción de políticas públicas a prol do desenvolvemento sostible, tendo en conta a interdependencia local-global. O plan está financiado polo programa DEAR da Comisión Europea e involucra a 19 entidades de oito Estados membros.

Moitas grazas a Álex por facernos felices no día de hoxe e a Leonardo (coordinador intercultural do Concello de Ames) por pensar sempre en nós para este tipo de actividades tan creativas e proveitosas que sementan convivencia positiva.