Novas directrices do uso das máscaras en centros educativos da Consellería de Sanidade

A Consellería de Sanidade publica as directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia. Os aspectos máis salientables destas directrices son os seguintes:

USO OBLIGATORIO DA MÁSCARA

Transporte escolar (salvo casos de enfermidade respiratoria que poida verse agravada polo uso da máscara, situacións de discapacidade ou dependencia, alteracións de conduta, menores de 6 años)

USO RECOMENDADO DA MÁSCARA

Alumnado e persoal vulnerable

No interior do centro educativo, por alumnado e persoal traballador do centro

Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos. Deben evitar actividades que impliquen quitar a máscara, sen manter a distancia de seguridade de 1,5 m, así como evitar contacto con persoas vulnerables e reducir interaccións con outras persoas. Estas medidas deben aplicarse durante 10 días

Recoméndase non asistir ao centro educativo se a sintomatoloxía inclúe cadros febrís

Maís información na seguinte LIGAZÓN