O traballo Vaia cara, realizado polos nosos alumnos e alumnas Pedro López González, Sara Martínez Vázquez, Paula Mosquera Mariño, Elena Núñez Pena e Fernando Pizarro Lema, baixo a batuta de Milagros Diéguez (profesora de Matemáticas), resultou gañador do XI Concurso Estatístico "Incubadora de Sondaxes e Experimentos" na categoría de 1º e 2º da ESO. O noso centro será un dos que represente a Galicia na fase nacional do concurso. Parabéns aos gañadores! O concurso convocouno a Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación Operativa (SGAPEIO) coa colaboración da Facultade de Matemáticas e o Instituto de Matemáticas da USC, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, o Instituto Galego de Estadística e Gadis. |
|||