Dende hai varios cursos o noso centro participa cun grupo de alumnos e alumnas no proxecto educativo EpDLab (Educación para o Desenvolvemento-Laboratorio), proxecto realizado grazas á participación da ONG Agareso (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) e no que se traballa a educación para o desenvolvemento (racismo, xenofobia, igualdade de xénero, consumo responsable, cooperación, coidado do medio...) a través da creación de contidos multimedia. Realizaranse dous obradoiros trimestrais de 100 minutos de duración (dúas sesións lectivas). Tendo en conta a situación actual, o EpDLab continúa para o alumnado participante a través dunha aula virtual que xa empezou a funcionar o curso pasado logo do confinamento. Nesta aula os alumnos e alumnas participan no proxecto vendo vídeos, facendo actividades interactivas e creando o contido multimedia. Este curso o proxecto desenvólvese co alumnado de 2º ESO C, que hoxe, 26 de novembro, tivo o primeiro obradoiro. Pode accederse a toda a información sobre o proxecto en http://epdlab.gal/
|
|||