Segundo se recolle na resolución do 22 de maio do 2020 da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019-2020, xa se pode proceder á recollida do material deixado no centro por parte do alumnado que non ten actividade académica presencial. A estes efectos e coa finalidade organizar a recollida establécese o seguinte horario:
Debido a que son os alumnos/as os que coñecen o posto que ocupaban na aula de referencia e tendo en conta o traslado a outras aulas en momentos puntuais, deben ser eles os encargados de recoller o material. Non obstante, se o que se precisa é recoller unicamente o material deixado nas taquillas é suficiente con que veñan os responsables, que terán que saber o número de taquilla e traer a chave correspondente. No caso de que alguén non puidese acudir no horario asignado, terá que chamar ao centro para solicitar cita previa e poder vir a partir do martes 2 de xuño. Tanto no acceso ao centro coma dentro do mesmo respectarase unha distancia de seguridade non inferior a dous metros e portarase máscara.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||