Hoxe visitou o noso IES Fernando Lalana e o alumnado de 4º puido coñecer o autor de El matarife, novela que gozou de moito éxito entre a rapazada. María Fernanda e Santyago foron os encargados de realizar a presentación dun dos seus autores preferidos. Lalana conversou co alumnado sobre o oficio de escritor en xeral e tamén sobre a novela en particular. Ao finalizar, asinou exemplares da obra. A actividade foi organizada polo departamento de Lingua castelá.
|
|||