O 12 de abril celebrouse no noso centro o segundo encontro "Construíndo o meu camiño", unha iniciativa da ANPAMilla en colaboración co IES do Milladoiro. Esta actividade busca poñer en contacto o alumnado de Bacharelato con profesionais de moi diversas áreas que lles poidan falar das súas vocacións, dos seus estudos e do camiño das súas profesións. Nesta ocasión contamos con nove grupos diferentes, nos que participaron vinte e oito profesionais durante dúas quendas de coloquios. Queremos reiterarlles a nosa gratitude pola súa colaboración. Na prensa: La Voz de Galicia, Compostela24horas, El correo gallego, web do Concello de Ames.
|
|||