Visita á exposición "Castelao maxistral" e á Librería Couceiro

 

O pasado 1 de marzo, o alumnado de 4º da ESO visitou na Cidade da Cultura a exposición Castelao maxistral. Ao redor do cadro A derradeira leición do mestre, puidemos ver debuxos de Castelao, os seus álbums de guerra, a reprodución da aula dunha escola doutros tempos, etc. A visita foi guiada por Miguel Anxo Seixas Seoane, comisario da mostra e biógrafo de Castelao. Miguel Anxo, a quen agradecemos a súa amabilidade, falounos de galegos como Castelao e de xentes coma el que defenderon os valores democráticos nos tempos da ditadura franquista.

 

A saída continuou na Libraría Couceiro, especializada en libro galego. Esta librería fai en 2019 cincuenta anos de existencia.

 

Para conmemorar este aniversario, Couceiro está organizando encontros con escritores. A visita a este espazo cultural foi presentada polo escritor e xornalista Manuel Gago (Vento e chuvia, O exército do fume), que nos falou do mundo da lectura e de libros como O mundo perdido, de Arthur Conan Doyle, que o marcaron na súa mocidade. Agradecemos a Pablo, de Couceiro, e a Manuel Gago, a súa amabilidade.