Hai unhas semanas informamos de que un grupo de alumnado de 4.º da ESO estaba a realizar un estudo sobre a contaminación acústica na contorna, dentro do Plan Proxecta de Mobilidade Sostible. Os resultados do estudo están dispoñibles no BLOG.
Outra das actuacións é este aparcadoiro VMP (Vehículos de Mobilidade Persoal). Aquelas persoas que veñan ao centro en patinete eléctrico poden aparcalo ao fondo do corredor de Vicedirección-Secretaría. Ademais, existen enchufes para quen precise cargar o seu patinete.
Unha das primeiras actuacións dentro do proxecto de "Mobilidade Sostible" foi acondicionar o pavillón para que quen queira poida vir ao centro en bicicleta e deixala ben "aparcada" . Se tes interese usar este aparcadoiro, fáinolo saber e explicarémosche como acceder.
O Plan Proxecta é unha iniciativa de innovación educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa que busca a integración na planificación anual dos centros de programas postos en marcha por entidades alleas ao sistema educativo. |
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer