Punto Laranxa contra o acoso escolar

Fin de curso

EDLG E PLAN PROXECTA DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Chegamos a fin de curso e desde os recreos creativos do EDLG queremos despedirnos dándovos as grazas pola vosa ilusión e capacidade de traballo que tivestes  desde a casa.
 
Nesta última actividade, no centro duraría 20 minutos, queremos realizar un resumo do que cadaquén queira representar do vivido nestes meses de atrás e o que está a vivir, tendo en conta o positivo do aprendido: coidados das persoas maiores e de todas, o coidado do medio natural, o valor das cousas realmente importantes, etc.
Poderase representar en galego: nunha colaxe, nun poema, nun videopoema, un audio, nun texto literario, nun caligrama, nun debuxo, nun texto en prosa ou en teatro.
A representación terá un lema en galego: un título en galego que resuma estas vivencias.
Podedes escoller calquera das actividades das semanas anteriores: minilibro, caligrama, ..., para realizar esta actividade.
 
Queremos despedirnos desde o EDLG dándovos os parabéns e as graciñas por participar durante todo o curso nas actividades do EDLG e durante estes meses desde a casa.
 
Graciñas e feliz verán.
 
EDLG
IES RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer