Punto Laranxa contra o acoso escolar

Homenaxes a Ricardo Carballo Calero

Semana das Letras Galegas 
(do 15 ao 21 de maio)
Plan proxecta de innovación en dinamización lingüística e EDLG
 
Ola de novo
Estamos na semana da festa das nosas letras, na do Día das Letras Galegas, e, aínda que se realizaron varias actividades, procuraremos homenaxear desde os recreos creativos a Ricardo Carballo Calero.
Esta semana haberá dúas opcións para escoller:
 
Diario visual literario de Ricardo Carballo Calero. Recóllense 5 obras del, recóllense 5 citas, unha de cada obra elixida, moi breves, e logonengádeselles un debuxo sinxelo que acompañe a obra a cada cita; despois colocámolo todo xunto a xeito de diario, o diario da nosa semana das letras.
 
- A outra opción, como estamos na casa, imos facer unha simulación do autor lendo a obra del que se queira, é dicir, elixirase unha foto del, de novo, de maior, e logo intentarase buscar a roupa que simula esa foto, co que se poida, non é un disfraz, é unha simulación, e tomarase en serio, logo lerase un pouquiño dalgún libro del. Despois grávase en vídeo a simulación e a lectura, ou, se non se pode, faise en foto e envíase.
 
A opción escollida enviarase ata o xoves 21 de maio a titoria4@gmail.com.
 
Aquelas persoas que desexen facer as dúas opcións non hai problema, ao contrario.
Lembrade que esta actividade de Recreos creativos, igual que todas, pretenden axudarvos a seguir aprendendo de xeito lúdico, á vez que descansades da actividade académica, non se quere engadir máis traballo.
 
Graciñas pola vosa participación en todas as tarefas do EDLG e do Proxecto de innovación en dinamización lingüística con tanto interese.
 
**NOTA: aínda que enviamos as actividades con prazo dunha semana, normalmente hai actividades, como a do maio, que podedes continuar a facelas, porque aínda estamos no mes no que se celebran os maios. O importante é que as actividades vos sirvan para facer uns descansiños na casa, como se fosen recreos, e facer as actividades de tipo lúdico nas que se aprende.
 
EDLG
IES RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer