Punto Laranxa contra o acoso escolar

Semana do 28 de maio ao 11 de xuño

Bo día

Esperamos que sigades moi ben.

Estamos en xuño e, nas últimas semanas de curso, imos deixarvos varias tarefas para que, ao igual que faciamos no recreo creativo da semana, o xoves, poidades, neses intres que precisedes recuperar folgos e realizar outras actividades, ter opción, por iso imos deixar dúas semanas.

Como sempre podedes enviar as tarefas que teñades a titoria4@gmail.com. Esperamos que vos resulten prácticas para realizar e descansar dun xeito divertido, lúdico e aprendendo. Aquí van as opcións para estes días:

1)     

Retomando unha idea que nos achegou un compañeiro voso de 2º da ESO, e que pertence ao equipo, ao EDLG, colle un pano de mesa e realiza unha figura, imos deixar voar a imaxinación, aquilo que vos apeteza e que che guste. Seguro que realizades figuras moi orixinais, podedes inventalas e logo engadídelles nun papel o nome do obxecto en galego.

 

2)     

 Agora que xa se pode saír á rúa ímosvos pedir que vos fixedes nos nomes de rúa que teñen orixe ou o nome en galego, intentaremos memorizar catro ou cinco e, ao chegar á casa, realizaremos unha busca do tesouro; faremos un plano e nel colocaremos as rúas que memorizamos nun folio, cada un dos nomes pegaranse nese folio cun papel máis pequeno e só se pega pola parte de enriba, é dicir, como unha lapela, para poder colocar debaixo o tesouro, logo agocharemos debaixo o nome do tesouro, que será algo que represente a esa rúa, unha escultura que haxa alí, unha praza, etc... Finalmente poderedes xogar con outras persoas, e, a ver se adiviñan que tesouros hai agochados en cada rúa.

 

 

3)     

Calquera tarefa das semanas anteriores que queirades facer e que non puidestes facer antes, e vos apeteza, podedes entregala aínda nestes días.

 

 

Graciñas pola vosa colaboración

EDLG E PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

IES RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer