Punto Laranxa contra o acoso escolar

Os maios

Semana do 4 ao 7 de maio
 
EDLG e PLAN PROXECTA EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
 
Esperamos que sigades ben.
Esta semana realizaremos unha actividade que fía cos maios. Para iso imos lembrar primeiro como se celebran e cando.
 
OS MAIOS
Está a chegar o mes de maio, nalgúns lugares de Galicia, especialmente no sur, o primeiro domingo de maio celébrase a Festa dos Maios, que anuncia a despedida do inverno e dá a benvida á primavera.
E con maio veñen as pezas de maio e os maios de flores que se realizan en moitos lugares de Galicia para esa destividade. Ademais, achegan ledicia e ritmo, as composicións poéticas, e alegría e creatividade, os maios de flores.
Ademais do nome do mes, MAIO fai alusión a:
1) Construción vexetal elaborada con materiais tradicionais: madeira, sacos de esparto, musgo, xestas, flores silvestres...
 
Hai dous tipos: os tradicionais e os artísticos.
 
2) Copla ou cantar na que se utiliza a retranca e a ironía. 
 
Nas festividades dos maios, á vez que se leva polo lugar o maio de flores os nenos e as nenas van cantando o maio, copla.
 
Imos achegar a nosa colaboración e primeiro imos ver as dúas primeiras estrofas do poema que se titula así, O MAIO, de Manuel Curros Enríquez, escritor do Rexurdimento, que podes escoitar mesmo musicada:
 
O MAIO
Aí vén o maio
de flores cuberto...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
para min estendendo, 
pedíronme crocas 
dos meus castiñeiros.
 
Pasai, rapaciños, 
calados e quedos,
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo gallego:
Pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno...!
 
(...)
 
O poema comeza cunha estrofa costumista e dá paso á denuncia da situación dos labregos.
 
Agora nos recreos creativos realizaremos un maio, copla ou cantar.
Actividade:
1) Consiste en buscar un tema.
2) Cando o teñas claro pensa no que queres transmitir no teu maio.
3) Vai elaborando cada verso coa información, buscando a rima da copla.
Se queres escoitar ou ver algún podes en Youtube atopar varios das festividades celebradas outros anos en Galicia, por exemplo Pontevedra ou outros que podes atopar.
3) Cando o teñas realizado envíao ata o xoves 7 de maio a titoria4@gmail.com.
Se queres envialo en vídeo cantando desfrutamos da túa creatividade, podes acompañalo de instrumentos, vestido ou vestida para simular a festividade... E proba a cantalo.
Desde a casa pódese celebrar o maio.
 
Vai preparando o teu maio de flores, será a próxima actividade de Recreos creativos desde a casa..
 
Boa semana 
EDLG
 
 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer