Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blogues

Google Maps corrixido para A Coruña_ Proxecto do alumando de Tecnoloxía

Google Maps corrixido para A Coruña

Alumnos de terceiro de Secundaria do Menéndez Pidal participan no Galiciencia cun proxecto que optimiza a información da aplicación sobre os roteiros da cidade

gemma malvido 24.04.2019 | 23:33

Google Maps corrixido para A Coruña

Miden o tempo que lles leva ir dun lugar a outro da cidade, fanno andando, no autobús e, coa axuda das súas familias, tamén en coche. Miden o tempo, pero tamén o custo e deciden cal é a fórmula máis sustentable. Para ir ao estadio un día de partido, téñeno claro: sempre a pé, se é dentro da cidade. Son alumnos de terceiro de Secundaria do instituto Menéndez Pidal, de Zalaeta, e levan traballando nesta idea desde o inicio do segundo trimestre. Entre o 8 e o 10 de maio, o proxecto ideado por Daniel Novoa, Anxo Blanco e Iván Pérez, participará no certame Galiciencia, en Ourense.

Un concurso no que competirán 50 iniciativas creadas por estudantes galegos para o fomento da saúde dos bos hábitos. Nesta edición presentáronse 134 equipos, o récord na historia do Galiciencia.

"Decatámonos de que Google Maps ten moitos erros, se lle poñemos que queremos ir desde o instituto en coche até, por exemplo, a rúa Real, di que tardamos nove minutos pero, en realidade, podemos tardar vinte, dependendo das condicións. O que tratamos é de corrixir a Google Maps en certas distancias e tempos que pon. Desde Monte Alto á rúa Real pon doce minutos a pé, pero nós atopamos un camiño moito máis curto, un atallo para chegar antes", comentan Iván Pérez e Anxo Blanco, que son, como Daniel Novoa, alumnos de Paz Freire e membros do Club de Ciencia e Tecnoloxía. Este traballo, que lles gustaría que se convertese no futuro nunha aplicación de móbil que estivese nos petos de todos os veciños, fórono desenvolvendo nos recreos, nas reunións do club e tamén no seu tempo libre fóra das clases.

"Con isto pretendemos tamén fomentar o uso do transporte público", comenta Anxo Blanco, que avoga por que as distancias curtas, as inferiores a tres quilómetros, se fagan sempre a pé, xa que resulta máis rápido e, desde logo, máis barato e menos contaminante e, a partir dos tres até os seis, "o mellor é o bus", xa que é menos contaminante, iso si, non sempre hai esta opción, xa que polas noites só funciona unha liña.

"No caso do estadio, por exemplo, igual no coche chegas antes, pero se tes que buscar onde aparcar ou se, ao combustible lle sumas o aparcamento, xa non compensa", explican.

Unha das cousas que máis lles sorprendeu mentres facían este traballo era "que Google Maps se equivoca moito máis" do que pensaban e, tamén, que hai "moito que mellorar" no transporte público metropolitano, sábeo ben Iván Pérez, que vive en Carral e vai en autobús ao instituto. Pouco a pouco, tarde a tarde, van completando o mapa de roteiros da cidade. Por ver canto tardaban foron camiñando desde o Coliseum ao instituto e, agora, planean chegar até Os Rosales, unha zona que non teñen moi estudada aínda. Se gañan este premio, recibirán mil euros para financiar a súa participación na meirande feira científica a nivel estatal, que se celebrará en Barcelona.

Mural no exterior do centro realizado polos alumnos da Escola Pablo Picasso

A semana anterior á Semana Santa os alumnos da Escola Pablo Picasso realizaron un mural no exterior do noso instituto. O tema que reflexan nel é a Expedición da varíola e Isabel Zendal segundo lles pedimos e o resultado cremos que é de aplauso. Parabéns e todo o noso agradecemento ao profesorado e alumnado desta Escola que nos axudou a seguir mellorando a nosa contorna.

Twitter- Voces de A Coruña : Arranca la pintura del mural de Isabel Zendal en el muro del Ies Zalaeta

Convocatoria becas comedor curso 2019-20

O 17 de abril de 2019, publícanse no BOP da Coruña as bases que rexen a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da Coruña para o curso 2019-2020.

 O prazo para solicitalas será do 22 de abril ao 6 de maio de 2019, ambos os días incluídos.

 Os formularios de solicitude específicos para esta convocatoria, poderanos obter nos Rexistros Municipais, nos centros cívicos, na páxina web dos servizos sociais municipais, ou na páxina web da sede electrónica https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramites?method=enter#l242).">

 As bases e a información pódense obter na web municipal de servizos sociais (www.coruna.es/serviciossociales), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.

 

Listaxe axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019

 As listaxes correspondentes ao dispostono artigo 17.1 da Orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva(DOG do 20/02/2019).

Estas listaxes, así como as instrucións correspondentes, poderán consultarse na páxina web do programa (http://www.edu.xunta.es/axudasle).

 

PINTADO DOS MUROS DO INSTITUTO

Os alumnos do instituto xunto cos da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso e coas axudas da Fundación Voz Natura, Paideia, Arquitectos Sen Fronteiras, Concello, Asociación Vecinal de Monte Alto, Universidade da Coruña, Asociación Cultural Zalaeta e a Consellería de Educación, promoveron cos alumnos un lavado de cara. A temática é sobre Isabel Zendal e a súa misión filantrópica da vacuna da varíola. 

A Voz de Galicia.

HORTO EN PRIMAVERA

Esta semana os alumnos de 1º ESO co seu profesor de bioloxía David estiveron traballando no horto con plantas aromáticas, medicinais, culinarias e ornamentais

Colocouse un composteiro que se utilizará na semana da froita.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer