Por primeira vez o IES Menéndez Pidal- Zalaeta participou na Galiciencia.
O proxecto MapaMetroMinuto de Daniel Novoa e Anxo Blanco de 3º de ESO é un dos 50 proxectos de Secundaria que se presentaron no evento. Participamos na Programa da RTVG Efervesciencia (pódese escoitar o podcast aquí) coa explicación do noso proxecto.
Aprendimos moito dos outros proxectos. Estivemos aloxados en Allariz, Disfrutamos das Termas de Outariz. Visitamos a cidade de Ourense e coñecimos a moita xente con iniciativa.
Alumnado de 4º de ESO participou no concurso de fotografía de Habitos Saudables e nos foi concedida unha visita como centro para o 9 de maio. Participaron na visita as alumnas alemanas de intercambio acompañando a parte do alumnado do Club de Ciencia e Tecnoloxía, Viaxe en bus, espectáculo de ciencia, taller Mundos dixitais, visita aos proxectos expostos en Tecnópole, comida e baño nas Termas de Outariz foron a xornada. Acompañados por Ramón Pasandín e Fran Soto.
Un ano mais participamos desde o IES Menéndez Pidal no Día do Ciencia na Rúa, con actividades de Bioloxía, Educación Plástica e Tecnoloxía.
Os temas tratados foron:
A experiencia unha vez mais foi moi positiva, esperando xa para o vindeiro ano.
O martes 30 de abril os nosos alumnos de 1º da ESO asistiron a Gala Dado onde se entregan os premios aos mellores microrrelatos e booktrailers realizados nos institutos públicos coruñeses. Zalaeta dirixiu e amenizou a gala cos bailes preparados en E.F. na segunda avaliación e co preparado na actividade de baila da ANPA. Foi unha xornada moi divertida". Organizou todo Lingua castelá e Biblioteca.
Máis información no Video Gala Dado
Os alumnos do noso instituto inauguraron cunha peza xaponesa o Vlll Encontro de alumnos de música de secundaria de Galicia. A xornada organízouna un grupo de docentes entusiastas, pertencentes á Asociación de Profesores de Música de Secundaria de Galicia, ASOMUSICA. No encontro participaron 15 centros públicos de toda Galicia.
Esta semana alumnos de 3º, 4º da ESO e de 1º de BAC, participaron na actividade de Rafting.
Os alumnos do noso centro realizaron unha viaxe a París do 30 de marzo ao 3 de abril. Subiron a Torre Eiffel, paseo polo Sena,...
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer