As representantes da Fundación Paideia viñeron onte ao centro a comprobar a finalización das obras de instalaci´no da nova aula de informáticado centro doada por esta Fundación nunha grande parte. O noso centro foi merecedor desta aula grazas aos traballos conxuntos que veñen realizando diferentes departamentos nos últimos anos co obxectivo de conseguir unhas instalacións máis amables e modernas onde todos nos poidamos sentir máis a gusto.
O proxecto Deseño e Son da Asociación Cultural Zalaeta, entre os seleccionados para continuar no curso 2020 o proxecto inclusivo de Música e Tecnoloxía. Parabéns a todos e a todas as que o facedes posible, e a Paz e Isabel, profesoras de Tecnoloxía e Música, respectivamente.
Fermosas fotografías dos nosos esquiadores e esquiadoras que esta semana desfrutaron da neve en Astún e Jaca.
O martes 4 de febreiro ás 18.30h terá lugar unha xornada de portas abertas dirixida a pais e nais de alumnado que actualmente cursa 6º de Educación Primaira. Coñece as nosas instalacións, a oferta educativa e todas as posibilidades formativas que che ofrece Zalaeta.
Pensando no futuro, pensando en ti.
O alumnado de 2º da ESO continúa nos mediodías dos martes realizando actividades de adecentamento do patio. Unha das súas últimas actuacións consistiu en pintar de branco o muro da pista de fútbol e colocar nel macetas con flores. Nesta parede había un mural realizado no curso 2016/17 na materia de Debuxo que foi estragado con pintadas varias realizadas sen permiso de ningunha clase.
CM DUAL COMERCIO ALIMENTARIO
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer