Punto Laranxa contra o acoso escolar

blogue deZalaeta

Tarefas para o alumnado

Selecciona o profesor ou profesora para ver tarefas pendentes:

OBRADOIRO NA ONCE

O alumnado integrante do proxecto Deseño e Son realizou un obradoiro na ONCE no cal deseñaron obxectos de axuda e recibiron formación de persoas especialistas en discapacidades visuais. Toda a información das actividades desenvolvidas e a galería no blog de ZalaTecno.

FUNDACIÓN PRINCESA DE GIRONA - ÁGORA

O venres 28 de febreiro unha representación do alumnado de 4° de ESO do centro participou no reto proposto pola Fundación Princesa de Girona no Ágora. Durante máis de tres horas o noso alumnado propuxo e desenvolveu ideas para mellorar a vida das persoas maiores evitando situacións de soidade. Foi unha mañá de traballo intenso en equipo, mais tamén de diversión que contou coa presenza da raíña Letizia, do vicepresidente do goberno Pablo Iglesias, do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo e doutras autoridades.
 
 

DATAS EXAMES MARZO CICLOS CURSO 2019-2020

 Pincha aquí: CADRO EXAMES

VIAXE A LONDRES ANULADA

Non se vai facer a viaxe por falta de alumnos.

A Dirección.Resultado de imagen de viaje a londres

ENTROIDO 2020

O venres 21 de febreiro celebramos o noso festival de Entroido. Organizado polo equipo de Biblioteca, e seguindo a temática do mar, desfrutamos do desfile das medusas, os buceadores, mariñeiros, piratas, e mesmo o lixo que se acumula nos nosos mares. Na seguinte ligazón podedes ver o vídeo resumo do que deu de si ese día.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer