You are hereEscolas Verdes

Escolas Verdes


Que son as escolas verdes

ACTIVIDADE "OS POLÍMEROS NAS NOSAS VIDAS"

Unha das actividades previstas dentro do Plan Proxecta Escolas Verdes era continuar co proxecto iniciado o curso anterior dende os departamentos de Tecnoloxía e Física e Química sobre os distintos materiais poliméricos, a posibilidade de reciclaxe dos mesmos e os microplásticos.

Coa aparición do COVID-19 e a suspensión das clases presenciais esta actividade, proposta para o terceiro trimestre, tivo que ser abordada dende unha metodoloxía diferente á planificada inicialmente debido á dificultade de traballar conxuntamente e a distancia alumnado de diferentes niveis e materias e  profesorado de diferentes departamentos didácticos. Aínda así, non quixemos deixar de traballar esta temática e dado que os resultados das investgacións do alumnado non poden ser expostos nos corredores do IES, quixemos facelos visibles a través deste medio tratando de conseguir o obxetivo inicial: concienciar sobre a nacesidade de reducir os materiais plásticos.

O alumnado de 3º de ESO abordou, dende a materia de Tecnoloxía, a presenza de materiais plásticos nas nosas vidas así como a importancia da súa separación e posibilidades de reciclaxe. O alumno Lucas García elaborou una lámina sintetizando os procesos de separación, identificación e clasificación e posterior reciclaxe de materiais plásticos.

O alumnado de 2º de Bacharelato realizou pequenas investigacións sobre "Os materiais poliméricos" a partir dunhes contidos básicos sobre polímeros dende a materia de Química. Os resultados destas investigacións foron presentadas es diferentes formatos: dende póster, ata vídeo pasando por traballos artísticos.

O alumno Vicente Parrado, creou unha "Orquestra polimérica": unha peza musical (adaptación propia da xota Churrusqueira de Enrique García Rey)  feita con diferentes materiais poliméricos, algúns deles de elaboración propia. A esa orquestra adxuntou un estudo sobre a natureza e características de cada un dos materiais poliméricos empregados para a peza musical.

 

A alumna Carla Rivadulla fixo unha investigación sobre un polímero en particular: o poliuretano. Estudou a súa obtención química así como as súas propiedades e aplicacións, unha delas na propia contorna: nunha fábrica de colchóns de Melide. Os resultados da súa invetsigación presentounos no seguinte vídeo:

Lucía Iglesias fixo unha investigación sobre os materiais poliméricos e a súa problemática ambiental e achegou unha posibilidade xa en uso como posible susutituto dos materiais plásticos. Presentou os seus resultados nunha presentación en drive

 

Diego Pumar abordou a reciclaxe de materiais poliméricos na nosa Comunidade a través de entrevistas á Conselleira de Medio Ambiente e ó Director Xeral de Sogama.

As alumnas Sabela Cabado, María Fuciños e Laura Cabo estudaron a síntese química, estructura molecular, propiedades físicas e químicas, as aplicacións e as posibilidades de reciclaxe do polipropileno, polietilentereftalato e do polietileno respectivamente. Presentaron os resultados das súas investigacións en formato póster.

 

A alumna Elisa Pampín elaborou unha maqueta representando a estructura do PVC, ademáis dunha pequena investigación sobre as características físicas e químicas deste polímero e as súas aplicacións.

ACTIVIDADE "OS RÍOS QUE NOS UNEN"

"OS RÍOS QUE NOS UNEN" foi o lema para a biblioteca do IES de Melide durante o curso académico 2019-2020. Baixo este lema articuláronse diversas actividades no IES de Melide, coa pretensión de constituir un proxecto de centro que permitise traballar diversos aspectos como a conviencia, os ríos e a súa importancia (en relación co proxecto Europeo LivingRiver no que partcipa o centro)...

Así, con motivo da conmemoración do Día da Paz, o 31 de xaneiro de 2019 dende o IES de Melide planificáronse actividades de convivencia para o alumando de 1º de ESO que concluían coa aportación  dunha palabra aos "ríos que nos unen", ubicado nos corredores da planta baixa. Este río elaborado en papel desembocaba no corcho da entrada principal do IES no que, empregando tapóns reciclados (que previamente foron preparados durante varios recreos por alumnado do Club de Ciencias), se continuou a representación deste río. A pretensión era fusionar o día da Paz coa necesidade de dar unha segunda vida ós nosos resiudos e concienciar sobre a necesidade de minimizalos.

Ademáis, a través do Comando Verde a pretensión era aproveitar este espazo para colocar recipientes para o almacenamento dos residuos plásticos e latas xerados nos recreos duante unha semana, como medida de concienciación previa á elaboración dun plan de redución de residuos para o instituto. Neste sentrido, o alumnado da materia de TICs de 4º de ESO elaborou o modelo de cuberta os para bidóns de resiudos que se colocarían neste espazo:

 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido