Extraescolares e complementarias

Aula aberta de Filosofía

 

    Esta actividade estivo dirixida a alumnado de 1º de bacharelato e 4º da ESO e organizada polo profesor Pepe de Jiménez (Barcelona), coa colaboración de Concello de Cangas. Celebrouse no Auditorio de Cangas o dia 5 de Febreiro

    Trátase dunha experiencia pedagóxica que a aula aberta “Cachai” de filosofía proposta para o alumnado de filosofía e de ética co obxectivo de achegalo a problemas como a cidadanía nun estado non democrático e as circunstancias da incomunicación.

    A actividade comeza cunha obra de teatro que sitúa os personaxes no momento do golpe de estado de 1973 en Chile. A partir de aí, relátanse as andanzas de dous irmáns que intentan gañarse a vida interpretando a un ventrílocuo e o seu moneco, interpretado polo irmán menor que perdeu a capacidade para falar a consecuencia da situación desencadeada polo golpe de estado.

    Unha vez rematada a obra de teatro o profesor Pepe de Jiménez moderou un debate entre o alumnado a partir das ideas propostas nela.

    A actividade presenta en si mesma aspectos interesantes para alumnado que desenvolve no seu currículo a reflexión sobre o estado e a cidadanía. A representación teatral contén momentos de monólogo que resultaron un tanto complicados para os alumnos e alumnas, pero tamén outros nos que resultaba mais fácil manter a atención.

    O debate posterior á representación resultou, tal vez, o aspecto máis positivo da actividade, pois foi ocasión para o intercambio de ideas entre alumnos e alumnas participantes na actividade, que procedían tamén do Instituto de Rodeira. O feito de que o alumnado teña ocasión para debater aspectos como a desigualdade do mundo e o papel do Estado e os gobernos, contribúe dun xeito importante a desenvolver os obxectivos do ensino no bacharelato pois o debate é un dos procedementos básicos para alcanzar a madurez nas ideas e a capacidade de entender aos demais e compartir e contrastar as ideas propias.

VISITA AO GRUPO PSA (PEUGEOT-CITROËN)

O 14 de Febreiro, alumnado de 4º ESO (Tecnoloxía) e 1º de Bacharelato que teñen a materia de Tecnoloxía Industrial, visitou a factoría de PSA-PEUGEOT-CITROËN de Vigo, provistos do uniforme apropiado para a visita aportado pola empresa (bata, gafas e zapatos). Despois dunha charla informativa dada por un técnico fixeron un percorrido pola factoría para observar todo o proceso de produción. Galería de imaxes

SAN VALENTÍN

Como o día 14 de Febreiro, día de San Valentín, cadra en sábado, adiantamos a súa celebración para oxoves 12. Durante toda a mañá o alumnado do Ciclo estivo repartindo caraveis brancos e vermellos polas aulas.

Os máis pequenos foron os máis participativos nesta actividade, os que máis se sumaron a demostrarlle aos seus compañeiros/as a súa amizade e amor regalándolles caraveis.

Tamén con motivo de San Valentín o Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística convocouo VII Certame de cartas de amor.

VIVE O MONTE

Como o curso pasado, alumnado de 3º da ESO participou no programa "Vive en defensa do monte galego 2009" nas instalacións do albergue xuvenil das Sinas, compartindo a experiencia con compañeiros/as de Ferrol e Vilanova. Ademais das actividades de educación ambiental encamiñadas á recuperación do noso monte (recoñecemento de especies autóctonas, limpeza, plantación, prevención de incendios, etc.), realizaron visitas á Escola Forestal de Lourizán, ao Curro de Sabucedo, onde se celebra a Rapa das Bestas. No tempo libre o reto consistiu no achegamento á técnicas baseadas no xogo e na convivencia.

Este tipo de actividades é moi valorada polos alumnos/as participantes, aconsellando a súa repetición nos vindeiros cursos. 

VIAXE A ANDORRA

Do 24 ao 31 de xaneiro alumnos/as de bacharelato e ciclo formativo, na compaña dos profesores Pablo Sanmartín e X. Carlos Novo, desprazáronse a Andorra para participar nun curso de esquí, dirixido por monitores en grupos reducidos e segundo o nivel de execución. O tempo permitiu desenvolver o programa establecido gozando das instalacións de Caldea.

A actividade foi valorada moi positivamente tanto polo profesorado como polo alumnado participante. 

Galería de imaxes

De como aprendemos a contar e os aparellos empregados

Do 19 ao 23 de xaneiro estivo no IES María Soliño a exposición: De como aprendemos a contar e os aparellos empregados.

Esta exposición consta de 20 paneis nos que se conta como foi evolucionando o cálculo dende a prehistoria (facendo marcas nun óso ou anaco de madeira) ata os nosos días coas modernas calculadoras e ordenadores dos que dispoñemos.

Tamén forman parte da exposición 10 paneis nos que se ve como foron evolucionando os números nas diferentes culturas e case outra vintena de paneis con fotografías das diferentes máquinas que se utilizaron para calcular ao longo da historia.

Visitou a mostra todo o alumnado do centro de xeito interactivo, pois tiveron que encher uns cuestionarios cos que debater na clase. Ademais a algúns déuselles uns "Faino ti mesmo" nos que se explica como poderían construír unha regra de cálculo, un ábaco neperiano ou unha ballestina.

Tamén visitou a exposición alumnado doutros centros como o I.E.S. Monte Carrasco (Cangas), I.E.S. Johan Carballeira (Bueu), C.P.I. de Nazaret e C.P.I. A Rúa.

Esta exposición pretende responder á típica pregunta: Para que serven as matemáticas?, e intenta amosar que as matemáticas son unha das ciencias máis antigas e máis útiles.

Galería de fotos

Información da prensa (Faro de Vigo): Historia de como aprendemos a contar

PRADOLONGO

Programada polo Departamento de Normalización Lingüística, o 9 de xaneiro tivo lugar a proxección no Salón de Actos do filme Pradolongo,película que reflicte valores formativos de carácter medioambiental e sociolóxico da cultura e patrimonio galego. Organizáronse dúas sesións para que puidese asistir todo o alumnado do centro agás o primeiro ciclo da ESO. Galería de imaxes.

PAPIROFLEXIA

Todos os recreos dos martes ten lugar na Ágora un taller de Papiroflexia, dirixido pola profesora Trinidad Pérez. O alumnado, que participa voluntariamente, realiza animais, flores, caixas, marcapáxinas, etc.

CONCERTO DE NADAL

O día 18 de decembro celebrouse no Salón de Actos un pequeno concerto de Nadal. Os alumnos de 3º da ESO, dirixidos pola profesora Elena Moure e co profesor Xulio Abal na percusión, interpretaron unha selección de coñecidas panxoliñas.

VISITA Á CASA DAS ARTES

O alumnado de 1º de Arte realizou unha visita o 26 denovembro á Casa das Artes de Vigo con motivo da exposición de FERNANDO BOTERO "ABU-GHRAIB - O CIRCO": cadros e debuxos arredor das imaxes desta prisión iraquiana cos que Botero fai  unha declaración explícita de repulsa diante da crueldade e violación da humanidade.  Contrasta as imaxes sobre o circo onde as cores vivas e a tranquilidade permítennos manter a esperanza.

Podes ler a reseña escrita por Jairo Rodríguez Portela.

Distribuir contido