2007-2008, Complementarias, Escolares, 2008-09, Extraescolares e complementarias, Propostas por niveis, Informacións diversas, 2009-10, Extraescolares e complementarias, Informacións diversas, Propostas por niveis, 2010-2011

Mostra de traballos do Bacharelato de Artes

O día 11 de Abril, inaugurouse na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Cangas, unha mostra dos traballos realizados ao longo do curso, nas diversas materias artísticas, polo alumnado de 1º e 2º do Bacharelato de Artes. Esta cita anual, e que a partir deste ano se celebrará sempre na 2ª quincena do mes de Abril, estará a disposición dos visitantes ata o día 26. ¡Vale a pena vela!

Galería de fotos

Semana da froita

Organizada polo alumnado de TAFAD, do 14 ó 18 de Abril, celébrase no Centro a SEMANA DA FROITA ¡FRUTILANDIA! Baixo o lema ¡¡non te oxides!!, tratan de promover o consumo de froitas entre o alumnado, ofertando nos recreos froita natural, brochetas, batidos e iogur con froita. ¡Todo de balde!
Ao mesmo tempo dan información das propiedades das froitas de consumo más habitual.
Galería do luns

Galería do martes 

Galería do mércores

Galería do xoves

Galería do venres

 

Visita guiada á Catedral de Santiago

O 31 de Marzo, alumnado de 2º A, B e C de bacharelato, fixeron unha visita guiada á Catedral de Santiago coa finalidade de estudar os seus distintos estilos artísticos de cara ao exame de selectividade. Tamén observaron e analizaron o urbanismo barroco do seu contorno.
Pola tarde, visitaron a sede do Parlamento de Galicia. Alí recibiron información sobre o  seu funcionamento,  composición, organización, etc. Esta actividade estaba orientada fundamentalmente ao alumnado de Ciencias Políticas.

Galería de fotos

Visita ao CPIFP A Granxa de Ponteareas

O día 21 de febreiro 3º ESO e PGS fixeron unha visita ao CPIFP A Granxa de Ponteareas para ver as intalacións dos diferentes ciclos e a residencia para os estudantes. Chamounos moito a atención o terreo tan extenso que posúe o viñedo, a plantación de kiwis, maceiras, os invernadoiros nos que había plantas de xardín, flores, como tulipáns, ou plantas aromáticas. Tamén como dedica os restos de podas para ter compost, a bodega e os viños que realizan. Fomos comer a Mondariz e logo regresamos a Cangas.

Visita a PSA_PEUGEOT_CITROËN

O día 27 de febreiro o alumnado de 4º ESO visitou a factoría de PSA_PEUGEOT_CITROËN de Vigo. Esta actividade permítelle ó alumnado unha maior comprensión dos bloques temáticos máis teóricos, debido a carencia de dotación nas aulas de tecnoloxía, de tódolos institutos, a causa do elevado prezo de ditas dotacións: control e robótica, sistemas CAD-CAM, motores térmicos e proceso de fabricación.

Ó mesmo tempo serviulles para observar a organización dunha gran empresa, as relacións internas e externas do mundo empresarial e poñelos en contacto co entramado empresarial do seu entorno.

Día da muller traballadora

O arquivo adxunto contén unha presentación feita a partir dun texto (que circula por internet) sobre o traballo doméstico, pouco valorado pola sociedade -a pesar de ser imprescindible- e que aínda seguen desempeñando maioritariamente as mulleres.

 

San Valentín

O día 14 de febreiro celebramos o San Valentín. Regalámonos sorrisos, palabras e carabeis (vermello de amor, amarelo de perdón e branco de amizade).

O departamento de normalización convocou un concurso de cartas de amor.

Galería de imaxes

Magosto

Como ven sendo tradicional, no noso Centro, celebrouse o magosto. O luns, día 12 de novembro paralizáronse as clases a partires das 13:00 horas para asar e repartir castañas entre o noso alumnado e participar de xogos recreativos e populares.
O asado e reparto das castañas correu a cargo de persoal de conserxería e profesorado. A organización das actividades e xogos levouna a cabo o alumnado do curso do Ciclo Formativo. Ofreceron os/as numerosos/as participantes un variado abano de posibilidades para disfrutar: carreiras co ovo na culler, concurso de preguntas, loita de gladiadores, búsqueda do tesouro na fariña, brilé, tiro da corda, o pañuelo, etc
O bo tempo axudounos a pasar unha xornada moi agradable.

Galería de fotos

Distribuir contido