Letras Galegas 2010
Co gallo da celebración do día das Letras Galegas 2010, dedicado a Uxío Novoneyra, estanse celebrando durante os últimos días diversas actividades que abranguen diferentes aspectos da nosa cultura:
- Exposición de libros na Ágora destinados a todas as idades e sobre temas variados, publicados en diversas editoriais.
- Charla-coloquio a cargo do deportista Tito Otero sobre "A ironman como proba definitiva".
- Conferencia de Xosé Vázquez Pintor sobre "A vida e obra de Uxío Novoneyra".
- Alumnado da ESO e 1º de bacharelato asistíu á proxección de curtometraxes galegas.
- Novoneyra en 3D: descubrir un verso de Novoneyra agochado entre 10 estereogramas.
- Competición de cachiza con máis de 50 participantes inscritos entre alumnos/as e profesores/as, a nivel individual e colectivo. O premio consistirá en aparellos do xogo (pateiro, cachiza).
»