Roteiro a Varalonga

O pasado 20 de abril alumnado de 1º da ESO fixo un roteiro desde o centro ata Varalonga para traballar a observación da flora autóctona e a transformación da paixase natural levada a cabo pola actuación do ser humano. Fíxose uso do material publicado pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Darbo. Comprobade o interesante da experiencia segundo as opinións de algúns participantes:

  • "Gustoume moito esta excursión. Aprendín a diferenciar árbores, a ver pegadas, onde vai o lixo...". (Antonio Martínez).
  • "A excursión foi entretida: vimos moitas árbores, matogueiras, etc... Observamos un ecosistema destrozado por escombros ilegais. Estivemos tamén identificando árbores e arbustos". (Pablo Bastón).
  • "Esta excursión foi positiva porque aprendín a identificar as árbores e coñecer o medio natural que nos rodea". (Mónica Soto).
  • "A visita foi interesante porque desta forma aprendín os nomes das árbores e a distinguir unhas das outras... A parte de facer exercicio!". (Raquel González).