FESTIVAL SOLIDARIO

FESTIVAL SOLIDARIO

MARIA SOLIÑO(CANGAS) - MARIA SOLIÑA (INDIA)

O Centro María Soliña da India dálle formación a 240 nenos/as dunha das rexións máis illadas e pobres da India. Deses 240 alumnos/as 96, debido a súa extrema pobreza ou por dificultades de desprazamento, permanecen internos. Isto supón 4 comidas diarias. Dormen en esteiras ou colchonetas no chan das aulas.

Queremos, desexamos que este proxecto prosiga e ademais que poidan contar con instalación de luz eléctrica, unha depuradora de auga, aterrar parte do espazo do que dispoñen para que non se lle anegue durante os monzós, repoñer vestiario e ampliar en 50 o número de alumnos/as.

Para manter todo isto, a ONG “Shanga Galicia”, con sede en Cangas, só conta coas achegas duns 250 socios/as. O I E S María Soliño, xunto cos colexios adscritos organizou por terceiro ano consecutivo un festival solidario coa finalidade de recadar fondos.

Este festival celebrouse o venres, día 29 de maio, ás 20:00 horas no Auditorio e contou coas seguintes actuacións:

  • Desfile con roupa hindú no que participaro nn alumnos/as e profesores/as.
  • O alumnado de terceiro de drama, dirixido por Pedro Pablo, puxo en escena 4 contos hindús.
  • Alumnado de segundo ESO, baixo a batuta da profesora Elena, interpretou a canción “Alá vai o gaiteiro” en galego e en Orissa (dialecto hindú que se fala na escola de María Soliña)
  • Resoaron por todo o auditorio as voces de Oscar Urrutia e Mirian Lorenzo
  • O obradoiro de baile, dirixido por Pablo, danzou a ritmo de vals.

Houbo ademais as colaboracións dos outros centros e danza oriental (danza do ventre) a cargo dunha prestixiosa escola de Vigo.
FOI UN ENORME ÉXITO FROITO DA COLABORACIÓN DE TODOS/AS VÓS!!