Novidades

 

 

 

 



 

 

 

 

Aplicación Orienta

 

 

 

 

 

 

 

____________________

LISTA LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025

A Comunidade Escolar do IES María Soliño pode consultar a lista de libros de texto para o vindeiro curso premendo aquí. De existiren dúbidas prégase clarexar as mesmas co Departamento implicado a principios de curso.

 

LISTAXE PROVISIONAL AXUDAS DE MATERIAL E RECOLLIDA DE VALES.


A partir do día 10 xullo pódense  consultar a listaxe de excluidos da axuda de material no taboleiro de anuncios do centro. Tamén se pode consultar a listaxe provisional de axudas de material e recoller os vales na secretaría do centro. Ábrese o prazo para reclamar contra esta listaxe provisional de axudas de material dende o día seguínte ao da publicación da citada listaxe provisional. 

 

PAGO DE TÍTULO

Todo o alumnado que remata o bacharelato ou ciclo superior deberá de pagar o título. Ademais aquel alumnado que queira solicitar praza nun ciclo superior, coa fin de evitar problemas coa súa solicitude, deberá pagar o título antes de solicitar dita praza.

 

Pago do título:

Cubrir o Impresos datos título e pagar as taxas do título no seguinte enlace pago das taxas do título LOE, onde poderán optar por pagar telematicamente as taxas ou descargar o impreso de taxas para o pago do título LOE para levar ao banco; os códigos para cubrir de xeito axeitado o impreso de taxas para o pago do título LOE poden velos no PDF Instrucións PAGO DO TÍTULO.

Unha vez feito o pago do título, hai que entregar o XUSTIFICANTE DE PAGAMENTO (non o Recibo) xunto coa documentación na secretaría do centro. 

 

 

 

IMPRESOS MATRÍCULA CURSO 2024-2025

Quen o precise pode descargar nestes enlaces os impresos de matricula para o curso 2024-2025. Pode matricularse o alumnado do centro con dereito a permanencia e o alumnado que presentou solicitude de reserva ou de admisión en prazo durante o proceso de admisión. Lembramos que o alumnado do centro non necesita descargalos porque se lles dan xunto co boletín de notas.

 

  • Nos impresos figura a data de matricula para cada nivel ou curso e tamén a documentación a aportar xunto co propio impreso de matricula.
  • As familias con varios fillos/as no centro poden matriculalos/as a todos no mesmo día (elixir calquera das datas que lle correspondan).
  • O alumnado do centro que promociona ao 2º Curso do Ciclo de Acondicionamento Físico ten toda a información relativa á matrícula premendo aquí.

 


Pode descargar os impresos de matricula de cada curso nos seguintes enlaces:

curso

día de matricula

Quén

1º ESO

26 de xuño de 9:00 a 14:00 horas **

Alumnado que se matricula en 1º de ESO

2º ESO

01 de xullo de 9:00 a 14:00 horas

Alumnado que se matricula en 2º de ESO 

3º ESO

28 de xuño de 9:00 a 14:00 horas

Alumnado que se matricula en 3º de ESO

4º ESO

27 de xuño de 9:00 a 14:00 horas

Alumnado que se matricula en 4º de ESO

1º Bacharelato

28 de xuño de 9:00 a 14:00 horas

Alumnado que se matricula en 1º de Bach (1º apelido da A_L)

 

01 de xuño de 9:00 a 14:00 horas

Alumnado que se matricula en 1º de Bach (1º apelido da M_Z)

2º Bacharelato

26 de xuño de 9:00 a 14:00 horas

Alumnado que aprobou 1º de Bach na convocatoria ordinaria ou alumnado que repite 2º Bach.

 

27 de xuño de 9:00 a 14:00 horas

Alumnado que promocionou a 2º de Bach na convocatoria extraordinaria

 

**O alumnado de 1º da ESO que non estea en posesión do boletín de notas o día 26 de xuño pode matricularse o día 1 de xullo.

 

ADMISIÓN Á FP. CURSO 2024-2025

Na páxína web https://www.edu.xunta.gal/fp/ xa está colgada a información e os calendariros do proceso de admisión para solicitar praza en ciclos formativos de grado medio e de grado superior para o curso que ven (2024-2025). Vexase taména páxina web https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-curso-2024-2025.

O prazo de presenación de solicitude de praza é do 24 xuño ás 9:00 horas ao 4 xullo ás 13:00 horas.

 

PROBAS EXTRAORDINARIAS CICLO FORMATIVO XUÑO 2024

Os interesados/as poden consultar o horario das probas extraordinarias do Ciclo Formativo premendo aquí. De existiren dúbidas, as mesmas deben aclarase na Xefatura de Estudos.

 

CONVOCATORIA AXUDA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-25

Publicada a orde para solicitar axudas de material escolar para o curso 24-25.

Prazo de presentación: do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024, este último incluído.

Para máis información prema nas seguintes ligazóns:

 

CONVOCATORIA EXTRAORDINAROA 2º BACHARELATO

Os interesados/as poden consultar o calendario da convocatoria extraordinaria de 2º de Bacharelato premendo aqui. As dúbidas ao respecto deben consultarse na Xefatura de Estudos.

 

 LISTAS ADMITIDOS/AS CURSO 2024-2025

Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión para ESO e Bacharelato neste centro en prazo ordinario está admitido para o vindeiro curso 2024/25.

No taboleiro de anuncios da secretaría do centro xa están publiacadas as listas provisionais de admitidos/as en ESO e Bacharelato para o curso 2024/2025.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA.

PRAZO: 23 de xuño ao 07 de xullo (antes do 23 de xuño publicaranse nesta páxina días concretos para cada nivel)

 

PROCESO DE ADMISIÓN (II) CURSO 2024/25

 

Non é preciso baremar en ningún grupo.

As familias poden consultar as listaxes provisionais de admitidos/as no taboleiro do centro o día 25 de abril.

 

CONVOCATORIA DE BOLSAS DO MEFP PARA O CURSO 2024/25

 

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou no BOE do 13/03/2024 o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2024/25 para estudantes que cursen o próximo ano estudos postobrigatorios (bacharelato, fpbásica, ciclos formativos e estudos universitarios).

 

 

 

 

 

 

PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO SUICIDIO NA MOCIDADE (YAM)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 Contacta con nós

 

 

 

 

 

 

 
 

 

 

 

   Novas anteriores