Día das letras galegas

 


O 5 de maio pasado, con motivo da celebración das Letras Galegas 08, contamos coa presenza de Xosé Mª Álvarez Cácamo, fillo do personaxe galego homenaxeado nas Letras Galegas deste ano. Xosé Maria trazou durante a súa intervención unha relación de recordos do seu pai Xosé Maria Álvarez Blázquez, facendo un uso copioso de documentos gráficos e textuais da vida do autor, que presentou desde dúas perspectivas: por unha banda dende o seu papel de pai e por outra da súa creación literaria, deixando unha visión moi entrañable do personaxe homenaxeado este ano. Galería de imaxes


 


15 de maio: proxección do documental “Línguas Cruzadas”. Asistiu o alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato. Con tal motivo houbo unha intervención de Guillerme Ignacio Costa, membro do grupo Quempallou, en defensa do uso da nosa língua.


 


Venres 16: nas dúas últimas horas o alumnado de ESO e 1º de Bacharelato xogou á billarda, bolos celtas, porca, trompo, tirabolas, carreiras de sacos, pincho, zancos, aro, corda, tiro de corda.... Para recuperar forzas a participación foi recompensada cun posto de avituallamento no que había doces variados, froita e auga.


Estivemos acompañados por alumnos/as do Colexio Xoán XXIII.


Os espazos empregados para a realización dos xogos foron o ximnasio, as pistas, o pavillón, diante do pavillón e o campo de futbol do Monte Carrasco. Xogamos, recordamos e pasamolo ben. Galería de imaxes.


 


Mércores, 21: O alumnado de primeiro de Bacharelato participou nunha actividade de lectura e interpretación de textos literarios. Na primeira parte o grupo de Música interpretou a melodía de dúas cantigas de Santa María, acompañadas de imaxes dos códices; a continuación realizouse a audición da cantiga CIII, que narra o milagre do monxe que estivo trescentos anos escoitando o canto da paxariña.


Na segunda parte o alumnado de 1º A leu textos de traducións de obras escritas orixinariamente noutros idiomas: Xuntos e máis nada da francesa Anna Gavalda, Seda do italiano Alessandro Baricco, Brooklyn Follies do estadounidense Paul Auster e Un cadelo menos e vintenove historias máis do brasileiro Fernando Sabino.