Bases do XXIV Certame de Poesía "MARÍA SOLIÑO"

Galería de fotos  

1-Haberá dúas categorías:

    A-Para alumnado  de primeiro e segundo ciclo  do  E.S.O.

    B-Para alumnado de 1º e 2º de  Bacharelato  e  Ciclos de grao medio.

2-Concederanse tres premios en cada categoría

   -Primeiro premio-200  euros.

   -Segundo premio- 100 euros.

   -Terceiro premio-  50 euros.

3-Os poemas deberán estar escritos en lingua galega.

4-Cada participante presentará un mínimo de tres poemas, e un máximo de cinco.

5-Presentaranse tres copias, mecanografiadas, dos poemas.

6-Remitiranse ó I.E.S. María Soliño (Monte Carrasco, nº 3  / 36940 CANGAS)
 nun sobre no que constará unicamente un seudónimo e a categoría á que pertence.Dentro dese sobre introduciranse  os poemas e unha plica cos seguintes datos: nome, enderezo, teléfono, centro no que cursa estudos  e  certificado de estar matriculado no centro.

7-Realizarase unha publicación cos poemas gañadores.

8-O prazo de entrega rematará o día  10 de Xuño.

9-O fallo do xurado farase público  no acto  da entrega de premios, que terá lugar entre o 16 e o 20  de Xuño no IES María Soliño.