Novas ANPA

Entrega de libros da ANPA, martes 17 de setembro

A ANPA entregará os libros de Bacharelato o vindeiro martes 17 de setembro durante os dous recreos e pola tarde de 16:15 a 17:30 h na aula polivalente na planta baixa (o curso pasado atención a familias)

Devolución libros ANPA - Bacharelato

O alumnnado beneficiario do préstamos de libros da ANPA o curso 2023-2024, agás aquel que se presente á convocatoria de xullo das ABAU, debe devolver todos os libros.

Para a recollida dos exemplares estarán no centro representantes da ANPA o día fixado para a matrícula de 2º de Bacharelato (a data publicarase na web nos próximos días).

Recordamos que a devolución dos libros é un requisito para poder beneficiarse do préstamo o vindeiro curso.

Escola de Familias: "A educación a distancia"

O Centro de Formación e Recursos (CFR) de Pontevedra ofrece ás familias a posibilidade de formación no seu acompañamento ao alumnado e no coñecemento das ferramentas tecnolóxicas que enriquecen a experiencia de aprendizaxe dende os fogares.

Máis información, vídeos e titorias na aula virtual do CFR de Pontevedra nesta ligazón.

EscolaFamilias.png

Devolución dos libros de Bacharelato do Fondo da ANPA

O alumnado de 1º de Bacharelato deberá devolver os libros que ten en préstamo do Fondo da ANPA os días 1 e 2 de xullo, en horario de maña. Os libros das materias suspensas poderán esperar a setembro.

Para alumnado de 2º de Bacharelato anunciaremos nesta web os días de recollida dos libros, que será despois da celebración das EBAU.

Instalación por parte dos responsables do alumnado da aplicación Abalar Móbil

Lembramos que, tal e como se informa todos os anos ao inicio do curso, está a disposición dos pais, nais e responsables legais do alumnado do IES Manuel García Barros a aplicación para smartphones “Abalar Móbil”. A partir da mesma poderase acceder, entre outros, aos seguintes servizos básicos relacionados co alumno/a:

  • Cualificacións académicas.
  • Mensaxes informativas por parte do profesorado, titor e equipo directivo, DE ESPECIAL IMPORTANCIA NO ACTUAL PERIODO DE SUSPENSIÓN DE CLASES.

Pódese obter máis información sobre o Abalar Móbil nas seguintes ligazóns:

Para instalar a aplicación Abalar Móbil pode empregar as ligazóns seguintes:

Smartphone Android Smartphone Iphone

http://play.google.com/store/apps/details?id=es.xunta.edu.abalarmobil

http://itunes.apple.com/es/app/abalarmobil/id660608502

Reunión programa REFÓRZA-T

O vindeiro martes, 21 de xaneiro de 2020, ás 18:15h, terá lugar unha reunión informativa sobre o inicio do Programa REFÓRZA-T no IES Manuel García Barros.

Á reunión están convocadas as familias do alumnado seleccionado para participar nesta iniciativa, como indica a nota informativa que se lle entregou aos rapaces e rapazas.

Reparto libros 2º Bacharelato

O vindeiro martes, 1 de outubro, durante o 1º e o 2º recreo, na Bibliioteca, a ANPA fará entrega dos libros de 2º de Bacharelato.

No 2º recreo, ao finalizar o reparto, terá lugar o sorteo dos exemplares doados.

Préstamo libros de bacharelato curso 2019-2020

O reparto de libros de Bacharelato, do Fondo de Libros xestionado pola ANPA, terá lugar na Biblioteca nas datas que se indican a continuación:

  • Luns 16, en horario de 11:00h a 14:00h
  • Martes 17, durante os recreos (10:25h a 10:45h e 12:25h a 12:45h)

Asemblea xeral ordinaria da ANPA o vindeiro 16 de outubro

A ANPA do centro celebrará unha asemblea xeral ordinaria o vindeiro 16 de outubro. 

Convocatoria.

Recollida de libros de Bacharelato por parte da A.N.P.A.

O mércores 4 e o xoves 5, entre 10 e 13 horas, a ANPA do MGB recollerá no Centro (na Biblioteca) os libros de Bacharelato.

Asemblea da ANPA

Nesta ligazón accedese á convocatoria da asemblea xeral da ANPA que terá lugar o mércores 21 de outubro.

Asemblea Xeral da Anpa

Nesta ligazón accédese á información sobre a Asemblea Xeral da ANPA.

Asemblea Extraordinaria da ANPA

O vindeiro martes 23 de outubro, as 20:00 horas en 1ª convocatoria e as 20:15 en 2ª, celebrarase unha Asemblea Extraordinaria da Asociación de Nais e Pais do Centro para tratar diversos asuntos. Premer aquí para ver a convocatoria.

Banco de libros

O prazo para solicitar os libros do banco da ANPA remata o luns día 10 de setembro. As solicitudes deixaranse no buzón que a ANPA ten no centro.

O luns 10 a partir das 10 da mañán estarán no centro os membros da ANPA recollendo os libros.

Revista semanal da Rede Galega de información xuvenil

A asociación de pais e nais do MGB informa da publicación dun novo número da revista da Rede Galega de Información Xuvenil, onde poderedes atopar información sobre novas, formación, bolsas e axudas, emprego e casas xuvenís.

Pódela descargar dende aquí.

Captura de pantalla 2012-04-17 a las 10.56.53.png
Distribuir contido