Skip to Content

Índice, Eventos, Prácticas, Prensa, Conferencias

Actividade

Práctica 3. Forzas intermoleculares.

Este 20 de novembro a profesora en Química Inorgánica da Facultade de Ciencias de Lugo Laura Rodríguez Silva realizou unha práctica sobre forzas intermoleculares para alumnado de primeiro curso de STEMBach. 

A doutora iniciou a práctica cun breve repaso de forzas intermoleculares e de reaccións ácido-base. Posterioremente mesturou auga e acetona coloreándose a parte orgánica cun ftalato de cobre e a acuosa cun colorante alimentario (tartrato). Coa adicción de cloruro sódico obtéñense as dúas fases coloreadas (amarela a parte inferior e azul a parte superior) e separadas polas diferentes forzas intermoleculares. 

Posteriormente mesturaron de novo auga e acetona noutro vial ás que lles engadiron unha gota de fenolftaleína e despois unha punta de espátula dunha sal básica (carbonato sódico). Separáronse a fase acuosa transparente na parte inferior e a orgánica rosa na parte superior do vial.

 
 
 
 
 
 
Álbum: Sen categoría -> 24 Forzas intermoleculares

Observando o Universo.

A astrofísica galega Begoña Vila Costas impartiu unha conferencia online este 14 de novembro ás 11:45 horas dende o IES de Valga (onde participou no XXXVII Congreso de ENCIGA), que se transmitiu en directo nuns 16 institutos de Galicia, entre eles para o alumnado de primeiro curso de STEMBach do noso IES.

A enxeñeira de sistemas na NASA, que traballa no centro de voo espacial Goddard do Fine Guidance Sensor (sensor que leva o telescopio espacial James Webb), ilustrou con imaxes e vídeos o seu traballo recente, como a preparación, lanzamento, despregue e impresionantes imaxes acadadas por este telescopio. O obxectivo destes lanzamentos é, entre outros, a busca de planetas con atmósfera como posibles substitutos futuros do noso planeta Terra.

A distinguida viguesa presentou o seu traballo actual no telescopio ROMAN, que é o primeiro con nome de muller. Finalmente, ademais de dar a coñecer o traballo de observación solar da Sonda Solar Parker, falou das misións a Marte e das futuras ARTEMIS á lúa.

Álbum: Sen categoría -> 24 Begoña Vila

Práctica 2. Medidas por refractometría e polarimetría das disolucións de sacarosa.

Este 6 de novembro, o alumnado de primeiro de STEMbach levou a cabo a súa segunda práctica deste curso. Ao igual que na primeira, esta práctica foi supervisada polas profesoras Estela Sueiro e Belén Reija.

O obxectivo desta práctica foi o emprego axeitado dos instrumentos de laboratorio que se basean na refracción da luz e na rotación da luz polarizada. Nesta sesión, a partir das mostras patrón de diferente concentración coñecida de sacarosa preparadas previamente na primeira práctica, o alumnado realizou medidas do índice de refracción con refractómetro de Abbe e do ángulo de rotación óptica de luz polarizada. A partir destas medidas obteranse as rectas patrón correspondentes. Ademais, tamén realizaron medidas de concentración de sacarosa destas disolucións co refractómetro de man.

Finalmente mediron, empregando estas dúas técnicas, unha mostra problema de concentración descoñecida de sacarosa, da que determinaron posteriormente a súa concentración de sacarosa por medio dos axustes lineais dos seus datos de índice de refracción e ángulo de rotación.

Álbum: Sen categoría -> 24 polarimetría e refractometría

Práctica 1. Preparación de disolucións.

Este mércores 30 de outubro o alumnado de STEMbach levou a cabo a primeira práctica deste curso. Esta práctica foi supervisada polos profesores dos ciclos da familia profesional de química do noso IES Estela Sueiro e Belén Reija.

O obxectivo desta práctica, preparación de disolucións, foi a familiarización do alumnado co material de laboratorio empregado na preparación de disolucións, así como, a realización de cálculos de masas, concentracións e molaridades. Máis concretamente, o alumnado preparou disolucións de diferentes concentracións de sacarosa (4, 8, 12, 16, 20 e 24 % m/V). Estas disolucións gardáronse, previamente etiquetadas, no conxelador e, empregaranse na próxima práctica para determinacións analíticas cuantitativas mediante polarimetría e refractometría.

Álbum: Sen categoría -> 24 disolucións

Alfabetización climática

Este 23 de outubro a directora do Centro Asociado da UNED de Lugo, Ana Traseira, Paula e Alejandro impartiron unha conferencia sobre alfabetización climática para o alumnado de Stembach de primeiro curso.

Presentaron o centro asociado na reserva da biosfera Terras do Miño dentro dunha das súas liñas de actuación: a divulgación ambiental. Presentaron a axenda 2030 e os 17 ODS ante a actual emerxencia climática, así como as consecuencias: perda de hábitats e ecosistemas, incendios forestais, especies exóticas invasoras, extinción de especies, etc.

Finalmente repasaron os contidos cun kahoot ao alumnado, que recibiu un lápiz feito con xornais reciclados como agasallo.

Álbum: Sen categoría -> 24 alfabetización climática uned
Distribuir contido


by Dr. Radut