Este 9 de outubro o investigador do grupo de investigación MORFAN da Universidade de Santiago de Compostela, Pablo Sánchez Quinteiro, inaugurou de novo o curso Stembach do noso IES coa conferencia titulada “O sistema vomeronasal. Anatomía do sexto sentido”.
O doutor en veterinaria presentou parte da súa traxectoria e investigación académica sobre este descoñecido sentido, que viu incrementado o seu estudo científico despois das secuelas da COVID-19. O profesor presentou, ademais de fotos e vídeos interesantes da anatomía deste sistema en diferentes seres vivos. O alumnado de Stembach de primeiro curso iniciou con esta conferencia o seu curso Stembach.
Álbum: Sen categoría -> 24 Inauguración