Skip to Content

admisión, concursos e premios, ABAU, exames, libros de texto, horarios, matrícula, titorías, transporte

Ganador do concurso de composición

O alumno do IES Lucus Augusti de 4ºESO, Gerald Vázquez Fernández, ganou o concurso do "IX Certame Creativo", organizado polo conservatorio, coa composición Burbujas de nostalgia.

Vídeo

Premio extraordinario de educación secundaria obrigatoria

O alumno do IES Lucus Augusti Aman Santana da Silva acadou o premio extraordinario de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondente ao curso 2020-2021, concedido pola Orde do 28 de outubro da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Horarios de grupo para o alumnado da ESO, BAC e Ciclos


O alumnado pode ver ou descargar o seu horario para o curso 2021/22

1ESOA 2ESOA 3ESOA 4ESOA 1BACA 2BACA 1OL
1ESOB 2ESOB 3ESOB 4ESOB 1BABB 2BACB 2OL
1ESOC 2ESOC 3ESOC 4ESOC 1BABC 2BACC 1LAC
1ESOD 2ESOD 3ESOD 4ESOD 1BACD 2BACD 2LAC
1ESOE    3PMAR   1BACE 2BACE  
        1BACF    

Accesos ó centro por grupos:

o alumnado, segundo ó grupo que pertenza, ten que entrar e saír do edificio pola porta sinalada na imaxe.

 

Calendario ABAU 20/21


Na páxina da ciug publicouse o calendario para as probas ABAU. web:https://ciug.gal/gal/abau.

Prazo de matrícula no IES Lucus Augusti para o curso 2020/21

Tanto o alumnado que solicitou praza por primeira vez no centro como o alumnado do IES Lucus Augusti ten que formalizar a matrícula* do 1 ó 10 de xullo de 2020. A matrícula pódese facer a través da páxina do centro, cubrindo o formulario de matrícula na ligazón, ou de xeito presencial no propio centro, para o que pode recoller previamente a documentación en conserxería ou descargala da ligazón Documentación.

*Tendo en conta a situación sanitaria e para evitar aglomeracións, se vas facer a matrícula presencial, aconséllanse as seguintes datas por cursos:

1ºESO: do 1 ó 2 de xullo

2º, 3º e 4º ESO: do 3 ó 6 de xullo

1º e 2º BAC: do 7 ó 10 de xullo

Documentación

Formulario de matrícula online

Formulario2 (só para o alumnado que se matricula por primeira vez e de xeito telemático)

O pasado 3 de xullo, publicouse no DOG a ORDE do 19 de xuño de 2023 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311E).

Ese mesmo día enviamoslle un correo electrónico desde a aplicación PremiosEdu con información sobre esta convocatoria.

Queremos salientar neste novo envío de información que o prazo de presentación solicitudes comezou o día 16 de agosto de 2023 e rematará o día 15 de setembro de 2023 (art. 4.4 da orde de convocatoria).

Pode acceder a máis información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311E; ou na páxina de inicio da aplicación PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)

Ler máis

Distribuir contido


by Dr. Radut