Dende a Confederación ANPAS GALEGAS organizamos o “ II CONCURSO AUDIOVISUAL - ANPAS GALEGAS SOMOS RURAL” para todo o alumnado dos centros de ensino público galegos. A nosa intención é contribuír á difusión, coñecemento e posta en valor do incríbel patrimonio cultural e paisaxístico do noso rural; e para iso, consideramos que a mellor forma de poder acadar eses obxectivos é traballándoos coa nosa mocidade. Por este motivo, queremos convidarvos a participar nesta segunda edición.
Para participar é preciso que fagades unha pre-inscripción a través da nosa páxina web https://somosrural.anpasgalegas.gal/concurso/ e que dará comezo este venres 10 de novembro. Unha vez aceptemos a vosa solicitude, cousa que vos comunicaremos o máis rápido posíbel, tedes até o 30 de marzo para presentar os vosos proxectos.
Achegámosvos as bases para participar e agardamos que teñades tanto interese coma nós en mostrarnos a todos o precioso país que temos.
Tedes toda a información na nosa web: https://somosrural.anpasgalegas.gal/concurso/