Instituto Decano de Galicia
Membro da Orden Civil de Alfonso X el Sabio
Medalla de ouro do Concello de Lugo
Instituto Decano de Galicia
Membro da Orden Civil de Alfonso X el Sabio
Medalla de ouro do Concello de Lugo
Conferencia da escritora Socorro Venegas co gallo da presentación da súa última obra "La memoria donde ardía" coa participación do editor Juan Casamayor.
Organiza: Club de Letras Lucus
Lugar: Salón de actos do IES Lucus Augusti
Data: 25 de xaneiro de 2020
Hora: 19:30
Entrada libre ata encher aforo.
"A memoria onde ardía" de Socorro Venegas é un libro de narrativa poética, 19 contos para a evocación de sentimentos persoais e intransferibles que ela ofrece como pistas encriptadas en cada un dos seus relatos. O/a lector/a debe de interpretalos e facelos seus.
Notas
1. A resolución dun duelo mediante o intercambio de obxectos que evocan a ausencia, creando un novo afecto impregnado no aura do outro. A materia deconstruíndo e reconstruíndo un sentimento.
2. A tradución desde a mente virxe dunha nena da pobreza e o alcoholismo confluíndo nun soño de felicidade inalcanzable compartida.
3. O lume precipitando en bucle os recordos, todos os que están asociados ao combustible, e que permanecen ocultos na memoria.
4. A metáfora a través da construción dun lenzo que representa unha xestación que é lida por unha muller como a lembranza dun amor perdido, doutra vida.
5. Un neno e unha nena, enfermos terminais, constrúen unha realidade onírica desde a planta do hospital que os acolle.
6. As expectativas dunha nai xestante acerca do que atopará a súa crianza e como a súa actitude poderá resolver as súas dúbidas para chegar a ser "magnífico"
7. Unha invasión de escolares cegos vai colonizando un centro de ensino rexentado por monxas, a resposta do alumnado que pasa do estupor á violencia que pecha o ciclo da mutación cara á cegueira colectiva.
8. O bloqueo xeado que lle produce o duelo a unha viúva se derrete ao contacto doutra muller.
9. Unha historia de desamor invulnerable á bruxería. Ela non regresará.
10. Anagnórisis (descubrir un drama oculto no amor co que viviamos) a través da interpretación confrontada dunha película iraniana acerca de nenos buscadores de minas.
11. A mesma miseria, a falta de liberdade... Unha nai reproduce xunto aos seus fillos os seus recordos de infancia ata decidir un basta.
12. Depresión postparto.
13. Un home e unha muller. Ela só é "nai" el é un "home".
14. Un fillo non desexado, un pai suple o desafecto da nai que se desvanece #ante o reclamo dunha febril "mamá'.
15. A erótica do prohibido. Un neno sentado ás portas das cantinas.
16. Unha muller, un amante pasaxeiro, 2 homes, un lugar novo na súa vida, morte.
17. Tres mulleres, tres xeracións de soidade, unha promesa: ver o mar. Pero é tarde e innecesario.
18. O censo nun pobo illado, nenos e miseria, facer o amor fuxindo da miseria e ser espertados por ela.
19. Unha viúva amortece a dor da ausencia coa banda sonora da súa vida en parella. Quere clonar a alma do seu amor perdido
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |