Concurso de Blog´s do IES Laxeiro: Blogalízate!

BloGalízate! Este é o ´slogan´ a prol do Galego dende o IES Laxeiro de Lalín. Dende o principio deste curso, estivemos comprobando como moitos alumnos traballaron a prol do Galego  e das TIC´... agora e cando anunciamos: 

         Xa temos os nosos tres primeiros gañadores do I Concurso de Blog´s en galego!

1º premio: eoquepensoeninguenovaicambiar.blogspot.com ---->> Mónica Jacobo Torres (4º ESO )

2º premio: maiscercadacompeticion.blogspot.com ---->> Iván Álvarez Portela (4º ESO )

3º premio: belicgames.wordpress.com ---->> Miguel Castaño Gómez (1º Bacharelato)

 

aínda que estes foron os tres mellores, tamén chegaron a ser finalistas...

odiariodenayara.wordpress.com/ ---> Jasmín ( 4º ESO )

unsorrisonanenez.wordpress.com/ ---> Ana Belén ( 1º BAC )

lugaresfermosos.wordpress.com/ ---> Antía ( 1º BAC )

un saúdo, e vémonos para a entrega de premios!

O IES Laxeiro premiado no IV Concurso Galego de Robótica

Os alumnos e alumnas  de 4º ESO e 1º Bacharelato do IES Laxeiro de Lalín acadaron o segundo premio no IV Concurso Galego de Robótica.

Celebrando o Ano Galego da Tecnoloxía 2012, o Instituto Galego de Ciencia IGACIENCIA organizou a actividade "A Maxia da Robótica". Realizouse durante os días do 16 ao 20 de abril en Lugo. Nesta actividade pretendeuse achegar aos nosos alumnos e alumnas o campo da robótica e aproveitar a súa "maxia" para promover a cultura científica na nosa sociedade galega. 

Campeóns IV Concurso Galego de Robótica

23 de abril: Día internacional do Libro

O día 23  de abril celebramos  o Día Internacional do Libro no Laxeiro.

Os monitores  de 3º y 4º Diversificación que se encargaron dos obradoiros coa axuda das profesoras Ester González y Sara Castro.

Visita á Central térmica de MEIRAMA e ao Complexo Medioambiental de SOGAMA en Cerceda (A Coruña)

O pasado xoves, día 12 de abril de 2012,  alumnado de 1º de bacharelato da materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo acompañados de tres profesores, realizaron unha visita didáctica á Central térmica de MEIRAMA e ao Complexo Medioambiental de SOGAMA no Concello de Cerceda. 


 


 


O grupo 4º ESO A acadou o 2º posto no XX RALLYE MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS

O alumnado de 4º ESO-A do noso centro acadou o segundo posto na edición número 20 do Rallye Matemático sen Fronteiras no que participaron uns 50 grupos de alumnos de Galicia. O día 13 de abril desprazaranse a Santiago para recibir os seus premios.
Neste concurso participaron 6 grupos de alumnos do IES LAXEIRO, 3 de 4º e outros tantos de 3º. Tiveron que resolver, en equipo e de forma conxunta,  6 problemas nunha hora.

O IES Laxeiro gaña de novo! Campeón do Parlamento Xove 2012.

O equipo do IES Laxeiro formado por Celia Varela, Alba Vázquez, Nerea Vila e Daniel Sousa, coordinado polo profesor Manuel Igrexas, son de novo campións no concurso de debate Parlamento xove 2012 organizado pola Subdirección xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.

Campeóns 2012

fotos e video

Actividades -aprendizaxe Linguas estranxeiras. Convocatoria 2012

 

Inmersión lingüística ano 2012

S
olicitude de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras información


http://www.edu.xunta.es/axudasle

Acreditación de competencias por experiencia laboral . Convocatoria 2012

A Orde do 29 de decembro de 2011(DOG do 9 de xaneiro de 2012) convoca o proceso de acredita¬ción de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profe¬sionais. O prazo de presentación de solicitudes será desde o 16 de xaneiro de 2012 ao 15 de febreiro de 2012. A solicitude de participación no procedemento farase empregando a aplicación infor¬mática subministrada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion. Esta aplicación estará activa a partir do 16 de xaneiro de 2012.

 INFORMACIÓN: www.edu.xunta.es/fp

Programa de inmersión lingüística en Mohernando

Un grupo de 25 alumnos de 2º de ESO ven de participar no "Programa de Inmersión Lingüística Outono 2011" organizado pola Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional". A actividade desenvolveuse entre o 30 de outubro e o 5 de novembro na finca El Encinar, en Mohernando (Guadalajara), onde compartiron estancia e talleres co IES Sayena de Castell de Ferro (Granada). Alí desenvolveron talleres arredor dos seguintes temas: "A contorna natural e cultural", "A aldea global", "Enerxías renovábeis", "Desenvolvemento sostible", "Reducir, reusar, reciclar". Tanto nestas como nas actividades cotiás, veladas, etc. estaban acompañados e dirixidos por monitores procedentes de Bristol, Manchester, Ohio ou New York, sendo, en todo momento, a lingua inglesa a vehicular na comunicación.

A experiencia resultou altamente positiva para o alumnado, tanto no aspecto linguistico como social e vivencial.

No blog de Anglo Orbe, entidade organizadora, podedes ver fotos e o día a día.

 

Distribuir contido