Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Visita escolas de Minas e TelecomunicaciónsO pasado luns día 12 de novembro estivemos visitando a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas e a Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo. A visita estivo organizada polos departamentos de Tecnoloxía e Física e Química e orientada para o alumnado de 4º da ESO. Na visita mostráronnos diversos laboratorios e explicáronos algo sobre os proxectos que alí se realizan. Ademais o alumnado recibiu información sobre as titulacións que se imparten nestes centros e das tarefas que realizan os estudantes cando rematan as súas titulacións. » Dia da Ciencia en galego no IES LaxeiroO día 5 de Novembro celebrouse o Día da Ciencia en galego, este ano adicado á Tecnoloxía. Desde o IES Laxeiro sumámonos á homenaxe ao inventor estradense Ramón Verea e a Leonardo da Vinci realizando diversas actividades durante os recreos: Construcción da ponte de Leonardo, escritura en espello, trucos de maxia para despistar os sentidos e unha exposición con paneis informativos sobre os homenaxeados deseñados por Mar García. Aquí tendes algunhas fotos. Día da bici no IES LaxeiroO día 16 de outubro foi declarado Día da Bici nos centros desde a Institución Galega de Ciencia. Trátase de fomentar o uso da bicicleta entre os escolares como medio de transporte e como actividade física saudable no tempo de lecer, favorecendo a sostibilidade e a eficiencia enerxética. Con este motivo, organizamos unha xincana ou proba de habilidades chamada Buscando á/ó máis hábil e seguro/a na bicicleta » Información académica importante para alumnos/as de Ciclos Grao Medio e Superior. Aspectos lexislativosAo comezo dun novo curso é importante recordar aspectos lexislativos relacionados tanto coa matrícula coma o proceso do curso en xeral.Por ese motivo no seguinte esquema-resumo podes consultar algunhas consideracións de interese para o alumnado de Formación Profesional. Todos elas son situacións contempladas na lexislación relacionadas coa matricula e coa marcha do curso académico.Nos taboleiros das aulas tendes á vosa diposición esta información e para calquer dúbida acudide aos vosos titores/as ou á Secretaría do Centro. Información Becas para estudios postobrigatoriosA Resolución do 2 de agosto de 2012 (BOE do 14 de agosto) ven de convocar becas e axudas ao estudo para o curso académico 2012-2013 para alumnado que curse estudos postobrigatorios e superiores non universitarios. Máis concretamente convócanse becas para os seguintes estudos: - 1º e 2º cursos de bacharelato - Formación Profesional de Grao Medio e Grao Superior - Ensinanzas artísiticas profesionais - Ensinanzas deportivas - Estudos de idiomas en Escolas Oficiais - Ensinanzas artísiticas superiores - Estudos relixiosos superiores - Estudos militares superiores Convócanse axudas para os seguintes estudos: - Cursos de preparación para as probas de acceso - Programas de Cualificación Profesiona Inicial Requisitos , cuantías, tipos de becas, procedemento de presentación e demais cuestións podes consultalo no resumo da Resolución antes mencionada. O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de outubro de 2012. Calendario de exames de setembro IES.LaxeiroNas seguintes ligazóns podedes consultar os calendarios de exames da ESO, Bacharelato e Adultos correspondentes ao mes de setembro no IES.Laxeiro.
Probas libres para a obtención de bacharelProbas para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos ( Resolución do 25 de maio de 2012 DOG do 7 de xuño ) CONVOCATORIA 2012 Período inscripción: 20 - 28 de setembro. Data da proba : 25 de outubro. Información xeral no seguinte ligazón Centros para inscripción e proba: a) Centro EPA Eduardo Pondal, A Coruña. b) IES San Clemente, Santiago de Compostela. c) Centro EPA Albeiros, Lugo. d) Centro EPA de Ourense, Ourense. e) Centro EPA Río Lérez, Pontevedra. f ) Centro EPA Berbés, Vigo. Os equipos de 1ºESO B e 3ºESO B gañaron as finais de CIFRAS E LETRAS
O venres 25 de maio celebráronse as finais do concurso de Cifras e Letras que organizaron os departamentos de Matemáticas dos dous Institutos de Lalín, “Ramón Mª Aller” e “Laxeiro”. Houbo dúas finais, unha para 1º e 2º de ESO e outra para 3º e 4º de ESO. Á final de 1º e 2º de ESO, que se celebrou no salón de actos do IES “Ramón Mª Aller”, chegaron os catro equipos gañadores das finais por cursos que se celebraron nos seus respectivos centros. Nela participaron os alumnos:
1º ESO IES “LAXEIRO: JACOBO JORGE HERMIDA / JUAN MANUEL PÉREZ PEDROUZO 1ºESO IES “RAMÓN Mª ALLER”: RUBÉN FERREIRO ARIAS / RUBÉN NOGUEIRA TABOADA 2º ESO IES “LAXEIRO: XABIER GARCÍA ANDRADE / ADRIÁN OURO MIGUÉLEZ 2º ESO “RAMÓN Mª ALLER”: DANIEL CAGIDE RIVAS / SANTIAGO BUJÁN FERREIRA
Á final de 3º e 4º de ESO, que se celebrou no salón de actos do IES “Laxeiro”, chegaron os catro equipos gañadores das finais por cursos que se celebraron nos seus respectivos centros. Nela participaron os alumnos e alumnas:
3º ESO IES “LAXEIRO: BELÉN FERNÁNDEZ LÓPEZ / NOELIA FERNÁNDEZ VÁZQUEZ 3º ESO “RAMÓN Mª ALLER”: GABRIEL VÁZQUEZ FREIJEIRO / BRAIS PARDO AREÁN 4º ESO IES “LAXEIRO: MARCOS OTERO VÁZQUEZ/ JUAN CARLOS ORO VIDAL 4º ESO “RAMÓN Mª ALLER”: BRYAN TREJOS RESTREPO / NICOLÁS VARELA GARCÍA
As finais estiveron moi competidas, na de 1º e 2º resolveuse na última rolda e na de 3º e 4º tivo que recurrirse a unha rolda adicional de cifras para resolver o empate entre o 2º e 3º clasifcado. Gañaros as respectivas finais os alumnos de 1ºESO B do IES “Laxeiro”: JACOBO JORGE HERMIDA e JUAN MANUEL PÉREZ PEDROUZO e as alumnas de 3ºESO B do IES “Laxeiro”: BELÉN FERNÁNDEZ LÓPEZ e NOELIA FERNÁNDEZ VÁZQUEZ Todos os alumnos participantes recibiron agasallos e camisetas deseñadas expresamente para esta final.
Noraboa aos nosos cadetes!Temos a satisfacción e o orgullo de contar entre o noso alumnado con algúns dos novos subcampións de España de balonmán, na categoría de Cadetes. Un grupo de alumnos que entende o deporte de equipo como sacrificio, competitividade... pero sobre todo deportividade! Revista escolar: Kcharela 9 --> Edición dixitalNova edición, estreamos novo número, o número 9 da nosa revista escolar "Kcharela" aquí tendes a edición dixital: Premede na ligazón --->>> https://sites.google.com/site/kcharela9
|
Novos números
|