Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




MeteoEscolas

O que estamos facendo en MeteoEscolas!

Este ano en MeteoEscolas fixemos un montón de actividades. Aquí deixamos unhas cantas fotos e vídeos do traballo elaborado. Parabéns ó alumnado pola súa participación e esforzo!


Álbum: CURSO 2022/23 -> MeteoEscolas

Este curso 2022/23 volve MeteoEscolas!

Este curso retomamos a participación en MeteoEscolas.

Meteoescolas1
Meteoescolas2

Colaboración co EDLG

No mes de febreiro, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do centro, desde o programa MeteoEscolas participouse na campaña que comezaron a comezos de curso e que leva por título “A palabra da semana”: cada semana, un alumno/a escolle unha palabra en galego e explícase o seu significado nuns cartaces que se colan por todo o centro. Durante unha semana a palabra da antedita campaña foi pluviómetro.


Recollida de datos do mes de xaneiro

Durante este mes de xaneiro, alumnado de 3º e 4º de ESO comezaron a recoller os datos de temperatura e cantidade de chuvia. Para iso, estableceuse un sistema de turnos no que cada día da semana había unha parella encargada de recollelos e anotalos nunha folla que se colgou na entrada do instituto. Debido ás inclemencias meteorolóxicas, houbo días nos que non foi posible saír fóra do centro a facer as medicións... Ademais, dependendo da cantidade de chuvia que íamos vendo durante a semana, decidiuse facer medicións semanais ou ben diarias... Os datos foron introducidos na web de MeteoGalicia polo alumnado de TIC de 4º de ESO. Aquí o resultado:

 

Caseta reparada!

A falta dunha limpeza a fondo do teito da caseta, podemos dicir que xa está lista para meter o termómetro e comezar a tomar os datos. Consultamos cos asesores de MeteoGalicia e dixéronnos que tíñamos que pór un tablón na parte traseira, a que dá ao sur, para que as medicións da temperatura non saian alteradas pola incidencia directa dos raios do sol.

Ademais, tamén adaptamos o soporte que atopamos ao lado da caseta para instalar o pluviómetro. Parece ser que o antigo pluviómetro tiña unha superficie de captación de 200 cm2, en vez dos 100 cm2 do noso modelo... Eis o resultado!

Descubrindo unha antiga MeteoEscola...

Durante o curso 2019/2020, o IES Lamas de Castelo retomou o proxecto MeteoEscolas, que se realiza en parcería coa Consellería de Medio Ambiento da Xunta e MeteoGalicia. E dicimos que se retoma porque o profesorado responsable, xunto co alumnado, reparamos na existencia dunha vella caseta meteorolóxica, e dun estrano soporte nas súas inmediacións. Despois de ler a documentación aportada por MeteoGalicia, e consultados os membros da comunidade educativa máis "veteranos", confirmamos hai anos se participara xa neste proxecto.

Así pois, o noso primeiro labor foi pórnos mans á obra e reparar a caseta. Este foi o estado no que nola atopamos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut