Caseta reparada!
A falta dunha limpeza a fondo do teito da caseta, podemos dicir que xa está lista para meter o termómetro e comezar a tomar os datos. Consultamos cos asesores de MeteoGalicia e dixéronnos que tíñamos que pór un tablón na parte traseira, a que dá ao sur, para que as medicións da temperatura non saian alteradas pola incidencia directa dos raios do sol.
Ademais, tamén adaptamos o soporte que atopamos ao lado da caseta para instalar o pluviómetro. Parece ser que o antigo pluviómetro tiña unha superficie de captación de 200 cm2, en vez dos 100 cm2 do noso modelo... Eis o resultado!