Xa queda pouco tempo para saber quen serán os premiados no fin de curso. Lembrade que, coma todos estes anos, entregaremos agasallos aos mellores lectores. E este ano vai haber sorpresas!
E si, chegou o día agardado. No último día de clase deste curso, o 23 de xuño, entregamos os premios:
Premio aos mellores lectores
Na lista apareceron Silvia Fuentes Martínez de 3º, Ariadna Leis Capelo de 4º e Andrea Sendón Alonso de 4º.
Premio aos usuarios de máis empréstitos
Os premiados foron José Martín Lago Pérez de 4º e Tania Costa Beiro de 2º da ESO.
Premio aos mellores na formación de usuario
Os premiados foron moitos e podedes ler a relación aquí.
Aproveitando a ocasión, tamén lles lanzamos unha "pedrada" aos morosos, mais a estes preferimos non darlles publicidade.
Só nos queda dicirvos que foi un pracer atendervos ao longo do curso. Esperamos que sigades facendo uso de todos cantos servizos vos ofrece a biblioteca.
Bo verán e moi boas lecturas!!