Premios de fin de curso 2011-12
No festival de fin de curso celebrado o 22 de xuño entregamos os premios da biblioteca. Nesta ocasión decidimos premiar ás persoas que máis préstamos teñen rexistrado ao longo do curso. Os premios consistiron en libretas de bibliotecas escolares e un libro tendo en conta os intereses de cada unha das persoas premiadas. Como pode verse na táboa de abaixo, a maioría son alumnas, mais tamén quixemos premiar aos nosos P.A.S. máis lectores.
Animámosvos a seguir vindo remexer entre os andeis, pois sempre hai algún título especial esperándovos. Graciñas a todos e felices vacacións!!!
Persoas premiadas |
Curso |
Préstamos rexistrados |
Alba García | 2ºA | 48 |
Begoña Pérez | 4º A | 46 |
Fátima Nieves | 3º A | 44 |
Tamara Rodríguez | 4º A | 44 |
Zoé Quintela | 3º A | 43 |
Natalia Tajes | 4º A | 41 |
Andrea Fernández | 4º A | 40 |
Nerea Ronquete | 3º A | 40 |
Tania Costa | 4º A | 40 |
Ana Cernadas | 3º A | 38 |
Nicole Lemaitre | 4º A | 36 |
Evelyn Solares | 3º A | 25 |
Marcos Rodríguez | 3º A | 26 |
Silvia de la Iglesia | Cafetaría | 25 |
Enrique Guillán | Conserxe | 20 |