Profesorado

Alumnado

Traballos do alumnado

PROXECTO RÍOS CAMPAÑA OUTONO 2024

O pasado 22 de outubro, de 15 a 17 h estivemos, un outono máis, facendo o noso estudo do treito que facemos dende os últimos 20 anos no río Limia.

 Contamos co alumnado do club de ciencias, algúns deles xa levan 4 anos participando nesta laboura (Lara Emma, Inés, Pablo, Anxo e Hugo) de 2º Bach, o cal ten moito mérito xa que xa actúan como monitores do Proxecto Ríos. Na Primavera voltaremos outra vez...

Os resultados obtidos son, como case sempre, que atopamos un río en deficientes condicións ecolóxicas, presenta nitratos, pH de valor 6, moi pouco caudal ( cousa rara xa que nos últimos outonos o caudal era de 0 L/s). Tamén atopámos moi poucos macroinvertebrados e que indican unas valores máximos de calidade de 3-4 sobre 10.