Skip to Content

Antonio Fraguas

Proxecta+: Antonio Fraguas

De marzo a xuño de 2024, dedicámonos á elaboración do XovePoli, incorporando topónimos e lugares máis representativos de Xove. Deseñamos e creamos pezas significativas para o xogo, como os dolos de Morás, o faro Roncadoira e o porto de Portocelo.

Proxecta+: Antonio Fraguas

En febreiro de 2024, organizamos unha exposición acompañada de contos sobre as figuras tradicionais do Entroido galego, destacando a riqueza desta celebración.

Proxecta+: Antonio Fraguas

En xaneiro de 2023, comezamos a buscar información sobre as construcións típicas e elementos representativos de Xove. Este traballo permitirá ao alumnado crear o XovePoli, unha versión local do xogo de Monopoli.

Proxecta+: Antonio Fraguas

En decembro de 2023, tras visitar o Museo Provincial de Lugo, realizamos un estudo detallado dos torques da nosa zona, profundizando no noso patrimonio histórico.

Proxecta+: Antonio Fraguas

O 25 de novembro de 2023, traballamos coa figura de Pepa a Loba, descubrindo que esta lendaria personaxe tamén pasara por Xove.

Proxecta+: Antonio Fraguas

En novembro de 2023, os alumnos recolleron lendas, contos e historias de medo polo Samaín. Ademais, compartiron estas narracións cos seus compañeiros na aula e durante o festival de Samaín, creando un ambiente de terror e diversión.

Proxecta+: Antonio Fraguas

En outubro de 2023, os alumnos levaron a cabo a recollida de topónimos e lendas de Xove, culminando cun concurso de enigmas. Esta iniciativa fomentou o coñecemento e a valoración do patrimonio local.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut