O alumnado de 3º e 4º da ESO do IES A Guía visitou o Auditorio Mar de Vigo ás actividades organizadas polo Concello de Vigo no 25N, día contra a violencia machista asistindo á exposición "violencia sexual na xuventude".
Para conmemorar o día contra a Violencia Machista, o grupo de Igualdade e Diversidade do IES A Guía realizou unha exposición na entrada do instituto sobre distintos elementos relacionados: a escaleira da violencia machista, un esquema sobre o consentimento e os tipos de violencia que podemos atopar.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer