Bolboreta         

Revista escolar

Logo EDLG

Plan Proxecta+

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Dinamización Lingüística

Presentación do libro "A Paradela dos máis novos"

O xoves 30 de novembro, na biblioteca do noso centro celebrouse a presentación do libro "A Paradela dos máis novos" e lembrouse con moito agarimo o traballo realizado polo noso benquerido compañeiro Eduardo Rey Moure, que foi o coordinador dos traballos aportados polos alumnos/as de Paradela do noso centro.

Asistiron ao acto o alcalde de Paradela, José Manuel Mato, a Secretaria da Delegación Territorial en Lugo da Xunta de Galicia, Marta Barreiro, o xornalista e escritor Xulio Xiz, Lola Chaos como coordinadora dos traballos realizados polo alumnado do IES Xograr Afonso Gómez e Ana Isabel López Valín, coordinadora do EDLG do noso centro. Ademais, achegáronse á biblioteca moitos dos alumnos e alumnas que colaboraron na creación deste fermoso libro, algúns deles procedentes do IES Xograr. Compartiron cos asistentes a súa experiencia neste proxecto, leron algún texto do libro e lembraron con moito afecto a dedicación ao que fora o seu profesor e impulsor neste proxecto, Eduardo. Foi un acto moi emotivo, de agradecemento, de recordos e de posta en valor do patrimonio cultural, turístico, de lecer... do concello de Paradela.

foto do acto

Concurso carteis 25 de novembro

O Departamento de Xeografía e Historia en colaboración co EDLG organizou o concurso de carteis do 25 de novembro Día Internacional contra a violencia de xénero no que se convidou a todo o alumnado a elaborar un cartel en contra da violencia de xénero para visibilizar esta lacra social e promover a igualdade de xénero e o respecto entre as persoas, sexa cal sexa o xénero. Móstrase unha foto da exposición feita na entrada do edificio principal do noso centro.

Exposición carteis 25 N

Samaín no Gregorio

Para celebrar o Samaín neste curso 2023/24, a Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro organizaron un  concurso de epitafios e tamén animaron a decorar cabazas para expoñelas na entrada do instituto:

foto Exposición epitafios e cabazas

Día da Poesía 2023

Por segundo ano consecutivo, o martes 21 de marzo celebrouse na Praza da Vila o Día da Poesía, para homenaxear ao poeta chairego Manuel María. Este evento foi organizado pola nosa bibiloteca Fiz Vergara Vilariño e polo noso Equipo de Dinamización da Lingua Galega coa colaboración do Concello de Sarria  e participaron  nel todos os centros educativos da comarca de Sarria (13 en total) e superaronse os 700 participantes. Foi un evento cheo de poesía, parabéns a todos os participantes!

Día da Poesía 2023

 

 

Música galega. Ponlle a orella!

O equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro comezou un novo proxecto co título Música galega. Ponlle a orella. Este proxecto iniciouse o 20 de novembro e rematará o 2 de xuño de 2023 no que participarán 15 grupos, 210 alumnos e 16 profesores, cun total de 24 cancións en galego.

Trátase dun ambicioso proxecto do noso EDLG, no que colaboraron Xurso Souto e Patricia Coucheiro e que ten como finalidade principal que a nosa cultura siga viva para que todos nos poidamos seguir máis vivos!

Podedes descargar os pdf da presentación das fichas e o caderno coas cancións.

Descubrindo o roteiro "Fiz Vegara Vilariño"

O alumnado de 1º e 2º da ESO coñeceu a orixe do poeta Fiz Vergara Vilariño grazas á excursión organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro. Foron guiados polos profesores Eduardo Rey e  Xurxo Souto. Uniuse ao grupo o noso excompañeiro e profesor de galego Manolo Muñiz. Houbo cantos, música e moi bo ambiente ao descubrir a beleza do val de Lóuzara.

visita Lóuzara

I Edición do Día da Poesía en Sarria

O 21 de marzo celebrouse na Praza da Vila en Sarria o Día da Poesía adicado ao poeta Fiz Vergara Vilariño e organizado pola biblioteca do centro e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Concello de Sarria. Asistiron máis de 400 alumnos e profesores de doce centros educativos da comarca de Sarria e cada centro foi recitando poemas deste poeta de Samos, Fiz Vergara Vilariño. Tamén interpretaron un soneto musical deste poeta dous profesores do noso centro, que foron os presentadores deste acto, Xurxo Souto e Eduardo Rei e escoitamos repetidas veces unha versión de "Terra" das Tanxugueiras na voz da nosa profesora Patricia Coucheiro e acompañada da coreografía dirixida por outra profesora nosa, Mercedes Veiga. Para finalizar o acto, presentouse un grupo musical formado por alumnos do IES Xograr Afonso Gómez que versionou un poema deste autor samanense.

Foi un acto cheo de poesía, de versos que soaban un tras outro cheos de beleza e sentimentos e que mostraban a fermosa obra que nos deixou Fiz Vergara Vilariño, para o cal reivindicouse neste acto que se lle adique por fin o Día das Letras Galegas. Parabéns a tódolos participantes!

Vídeos: Sarria, Feliz Día da PoesíaSarria celebra o Día da Poesía 

foto Día da Poesía